GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Facenda deixa a miles de galegos emigrados sen as deducións para pagar herdanzas

(03/10/2014)

Facenda deixa a miles de galegos emigrados sen as deducións para pagar herdanzas

Tras unha sentenza da UE, cambia o imposto de sucesións, pero só para os cidadáns europeos, o 13 % da diáspora

 

Nun principio, interpretárase que a sentenza era extensible ao conxunto da emigración. Pero preguntado respecto diso, o Ministerio de Facenda foi rotundo: «Que nós saibamos temos asinado un acordo de libre circulación de persoas e capitais coa UE, e que nós saibamos o Tribunal de Luxemburgo non é un tribunal mundial, así que o ámbito de aplicación da sentenza é moi claro», sosteñen as fontes consultadas. Isto ten unha relevancia cuantitativa enorme no caso de Galicia: un de cada catro españois no estranxeiro é galego.

Segundo os últimos datos actualizados polo INE, a comezos deste 2014 había na emigración 479.558 cidadáns galegos. Deles, 374.269 estaban en países de América; 1.693, en Oceanía; 1.019, en Asia e 936 en África. No continente europeo contabilízanse 101.641, é dicir, o 21 % do total. Pero cos cambios normativos que ultima Facenda non se lles aplicarían a todos as deducións da Xunta no imposto de sucesións no caso de que recibisen unha herdanza. Case 39.000 emigrantes galegos atópanse en Suíza, e este país non é membro da UE nin do Espazo Europeo.

Isto significa que só o 13 % dos galegos que se atopan fóra da comunidade poderían tributar por unha herdanza coma se vivisen en Galicia. Ou dito doutro xeito: case nove de cada dez emigrantes terán que liquidar o imposto de sucesións con cargo á lei estatal.

 

Un caso práctico

Isto significa que se dous irmáns herdan e un vive en Galicia e outro en Suíza ou Arxentina, as diferenzas son notables. Se o que reside na comunidade galega é menor de 21 anos está exento de pagar; o outro, non. E se recibe unha empresa, tributa a un simbólico 1 %. Hai máis bonificacións que non podería tomar o que está no exterior: en Galicia hai un mínimo exento de 125.000 euros por persoa en cada herdanza e o tipo máximo rebaixouse do 40?% ao 18 %.

Como se ve, isto ten a súa importancia cara ao futuro, pero tamén con carácter retroactivo, tendo en conta que Facenda devolverá menos diñeiro polas liquidacións mal efectuadas. A finais do mes pasado, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia fixo público un comunicado no que apremaba aos residentes no estranxeiro a que solicitasen ante a Axencia Tributaria a devolución dos pagamentos indebidos do imposto de sucesións, a condición de que non tivesen transcorrido catro anos desde a liquidación.

Ao longo dos últimos oito anos, o Estado recadou uns 700 millóns de euros polo imposto de sucesións aplicado a residentes no estranxeiro. E as primeiras estimacións apuntan a que terán que devolver, aproximadamente, uns 200 para cumprir coa normativa que impide un trato fiscal diferente. A recente sentenza da UE e os efectos que dela se derivan colocan no primeiro plano a necesidade de harmonizar a tributación de herdanzas no conxunto do Estado. Agora mesmo en España coexisten ata 20 réximes xurídicos diferentes neste imposto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas