GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rodríguez Miranda asinará en Venezuela unha ampliación do convenio coa Fundación España Saúde

(30/09/2014)

Rodríguez Miranda asinará en Venezuela unha ampliación do convenio coa Fundación España Saúde



Redacción, Santiago
| 29 Setembro 2014 - Crónicas da Emigración



O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estará os próximos mércores e xoves, día 1 e 2 de outubro, en Venezuela, onde asinará unha ampliación do convenio que a Xunta
mantén coa Fundación España Saúde.

Durante a súa estanza, o responsable de Emigración da Xunta acompañará ao director xeral de Migracións do Goberno español, Aurelio Miras Portugal, na entrega das Medallas de Honra na súa categoría Oro á Irmandade Galega de Venezuela, en Caracas, e na súa categoría de Prata a Agustín Monge Pelegrín, Francisco Álvaro Gómez García, José Benito Pérez Vázquez e Felisindo López Lorenzo. O acto terá lugar o mércores, día 1, a partir das 19,30 horas na Irmandade Galega de Venezuela, en Caracas. No acto tamén estarán o embaixador e o cónsul de España, Antonio Pérez-Hernández e Paulino González Fernández-Corugedo
, respectivamente.

O xoves, día 2, Rodríguez Miranda visitará, a partir das 9,00 horas, o Fogar de San José da Congregación Hermanitas dos Anciáns Desamparados. Ás 11,00 horas e tras a firma coa Fundación España Saúde, o responsable de Emigración da Xunta entregará as compostelas
aos mozos que participaron no programa 'Conecta con Galicia' deste ano.

Ás 12,00 horas, ten previsto participar, xunto con Miras Portugal e representantes do CRE, nun xantar na residencia do embaixador de España.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas