GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración defende que as axudas ao emprendimiento para retornados se limiten cónxuxes e fillos

(26/09/2014)

Emigración defende que as axudas ao emprendimiento para retornados se limiten a cónxuxes e fillos

Fajardo (AGE) reclamou estendelas aos inmigrantes, pero Miranda recorda que ao seu departamento non atinxe esa área



EUROPA PRESS
. 25.09.2014



O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, defendeu este xoves que a convocatoria de axudas ao emprendimiento
destinada para emigrantes retornados se limite aos galegos que se foron, aos seus cónxuxes e aos fillos, pero non descartou que se poida abrir o debate para amplialas aos netos.

Previamente, o deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Juan Manuel Fajardo reprochara as restricións desta convocatoria. Tamén criticou que se dean as axudas unha vez que se xustifiquen as facturas, algo que, ao seu xuízo, remata por converter o "emprendimiento
en afogamento" para as persoas que fan este camiño.

Na súa resposta na Comisión de Política Social e Emprego, Rodríguez Miranda
destacou que foi a primeira vez que, ademais das axudas de carácter asistencial, se abriu unha convocatoria para fomentar proxectos de "autoemprego".

Esta partida concreta ascendeu a 200.000 euros, pero, como explicou o alto cargo da Xunta, pódese completar con outras axudas do Igape e a Consellería de Traballo. No conxunto do Goberno galego -dixo- as axudas ao emprendimiento
sumaron 16 millóns de euros.

Miranda
mostrouse "consciente" de que ao ser unhas axudas non "habituais", aínda hai que "ir chegando ao público obxectivo". Con todo, indicou que houbo xornadas específicas, que se "ampliarán" a outros países -fixéronse en Alemaña, Reino Unido e Suíza-; e "non" se escatimaron "esforzos" para trasladar esta iniciativa entre 300 centros no exterior, asociacións empresariais ou mil xestorías.

Non obstante, o secretario xeral de Emigración garantiu que os fondos non executados "se destinarán á proxección de Galicia", dende o punto de vista "económica e do traballo".

Estender a inmigrantes

Fajardo acusou a Miranda de "excelente vendedor de biblias" e preguntouse se se "gastou máis diñeiro en dar a coñecer a axuda" que nas subvencións concedidas. Ademais, pediu estender estas axudas non por unha cuestión de "consanguinidade", senón tamén para persoas que chegan a Galicia.

"Non lles dan axudas senón que lles quitan ata a sanidade", lamentou Fajardo, en referencia a que sería a este tipo de colectivos, de inmigrantes, aos que habería que "ampliar" as partidas.

Sobre esta queixa, Rodríguez Miranda repuxo que o seu departamento é de "emigración" e que as políticas de inmigración residen noutro departamento da Xunta. "O presuposto boa falta nos fai", xustificou, para incidir, a liña seguida, que para ser "retornado" primeiro hai que "saír" de Galicia.

Foto e saúdos

A Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego tamén deixou a imaxe do primeiro voceiro do Partido Popular de Galicia, o tamén exdeputado Rodríguez Miranda, co actual responsable, o parlamentario Miguel Tellado.

Ambos os dous intercambiaron unhas palabras antes de que comezase a comisión parlamentaria, onde Miranda foi recibido con saúdos calorosos por parte dalgúns dos que compartiron o hemiciclo galego con el.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas