GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis 136.000 españois emigraron nos dous últimos anos

(26/09/2014)

Máis 136.000 españois emigraron nos dous últimos anos


 

lainformacion.com

xoves, 25/09/14 -



Máis de 136.000 españois emigraron en 2012 e 2013, segundo os datos remitidos polo Goberno ao Congreso dos Deputados. En concreto, en 2012 un total 57.267 persoas marcharon fóra do país e o ano pasado foron 79.306 os que buscaron outro país de residencia.
Así se desprende dunha resposta parlamentaria do Executivo ao deputado do
PSOE Miguel Ángel Heredia, a cuxo contido tivo acceso Servimedia
. En concreto, foron 136.573 cidadáns de nacionalidade española os que emigraron nos últimos dous anos dos que se teñen rexistros. Non obstante, na súa resposta parlamentaria, o Executivo non especifica os motivos específicos que levaron a que se produzan estes movementos migratorios.
Analizado por autonomías, a Comunidade de Madrid é a que máis emigrantes tivo nos dous últimos anos. No ano 2012, abandonaron esta comunidade 14.173 persoas e en 2013 19.369. Isto suma un total de 33.569 saídas dende a comunidade madrileña.

53 MADRILEÑOS EMIGRAN AO DÍA
Se se ten en conta que a comunidade que preside
Ignacio González
ten unha poboación de ao redor de 6,5 millóns, isto supón que un 0,5% do total dos madrileños se foron a vivir ao estranxeiro e que o pasado ano emigraron de media 53 madrileños ao día.
Tamén é significativo o caso de Cataluña, de onde marcharon 10.957 españois en 2012 e 14.560 en 2013. En total, nos últimos dous anos houbo 25.517 emigrantes cataláns, aproximadamente un 0,3% do total da poboación da autonomía. Polo tanto, o ano pasado fóronse de Cataluña practicamente 40 persoas ao día de media.
Así mesmo, as 17 comunidades autónomas elevaron o número de inmigrantes de 2012 a 2013, consolidándose deste xeito unha tendencia crecente a buscar novos lugares de residencia noutros países.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas