GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Banco de España alerta de que a emigración de españois impactará no crecemento do país

(26/09/2014)

O Banco de España alerta de que a emigración de españois impactará no crecemento do país

EUROPA PRESS

 

 

 

 

Madrid
Actualizado: 24/09/2014

 

 



Un informe do Banco de España alerta ao Goberno de que ao ritmo actual, a emigración de españois "pode ter un efecto significativo sobre o crecemento potencial da economía española" e recoméndalle adoptar medidas no mercado laboral para facilitar o regreso dos que marcharon durante a crise.

Esta é a principal conclusión do estudo sobre Los Flujos Migratorios en España Durante la Crisis que publicou o Banco de España no seu Boletín Económico de setembro, un traballo no que repasa as cifras oficiais do último lustro, traza un perfil da emigración de españois e estranxeiros e busca causas da súa mobilidade.

 

"Coa chegada da crise, o saldo migratorio da economía española cambiou radicalmente. Se con anterioridade, España destacaba por recibir uns fluxos de inmigración moi elevados, que chegaron a alcanzar arredor do 2% da poboación total nun só ano, dende 2010 o saldo migratorio volveuse negativo e en 2013 o número de emigrantes superou o medio millón de persoas", explica o informe.

 

 

En concreto, segundo a Estatística de Migracións, co comezo da crise en 2008 desacelerouse a chegada de inmigrantes, pasando dun millón de persoas chegadas en 2007 --o 2% da poboación total--, a 500.000 en 2009 e 342.000 o ano pasado. Mentres, se produciu un incremento exponencial da emigración, con máis de 300.000 saídas en 2009 e unhas 547.890 no ano 2013, o 1,2% da poboación a 1 de xaneiro de 2014.

Este aumento das saídas cara ao estranxeiro, unido á desaceleración observada nas entradas, provocou un saldo migratorio negativo dende o ano 2010 que se elevou ata as 256.489 persoas en 2013, conforme explica o informe, para apuntar que se ben o 85% son estranxeiros, os españois de nacemento emigrados pasaron de 25.500 en 2008 a máis de 52.160 en 2013.

 

 

"Os españois mostran unha propensión crecente a emigrar no período máis recente e parecen responder de xeito similar aos factores que inflúen na emigración dos estranxeiros, as taxas de emprego de orixe e no país de destino," explica o Banco de España, que encontra unha relación directa entre o volume de desemprego e a probabilidade de emigración.

O informe apunta que os que marchan empezaron sendo mozos con elevada cualificación, pero dende 2010 cobrou peso a proporción de emigrantes con baixo nivel educativo e maior idade, froito do avance da destrución de emprego en sectores como a construción. Un comportamento similar experimentou nestes anos a emigración de estranxeiros dende España, moitos dos cales viaxan de regreso aos seus países de orixe.

Con este contexto, indica que "no que respecta tanto ao tamaño coma á composición da poboación activa por nivel educativo, o cambio de signo do saldo migratorio pode ter implicacións relevantes" e, en concreto, "podería chegar a ter un efecto significativo sobre o crecemento potencial da economía española".

"Isto resalta a necesidade de maximizar os esforzos encamiñados a reducir a elevada taxa de paro, así como a propiciar un marco laboral que facilite o regreso futuro das persoas que emigraron coa crise", conclúe o informe do Banco de España.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas