GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os representantes da emigración, moi críticos coa reforma electoral

(24/09/2014)

Os representantes da emigración, moi críticos coa reforma electoral

Na apertura do seu Consello Xeral piden o fin da obriga de solicitar o voto para tomar parte en procesos electorais

Dizy, con la secretaría general de Emigración Marina del Corral y el director general Miras Portugal.
Dizy, coa secretaría xeral de Emigración Marina del Corral e o director xeral Miras Portugal.



Diario Atlántico

SANTIAGO BANDE/MARCElo CARBONAR MADRID 23/09/2014


Representantes da emigración española nun total de 26 países de todo o mundo déronse cita onte en Madrid con motivo do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, CGCEE
, máximo órgano de representación dos máis de 1,7 millóns de españois que residen fóra das fronteiras do país.
Unha cuestión converteuse en protagonista da primeira xornada: a petición por parte dos emigrantes para dar marcha atrás na reforma electoral que impón aos emigrantes a obriga de solicitar o voto para participar en calquera proceso electoral nacional.
A ministra de Emprego e Seguridade Social foi a encargada de abrir o encontro. Fíxoo cunha mensaxe optimista que baseou en tres principios: o compromiso do Goberno cos españois do exterior, o sentimento de proximidade "deste Goberno cos españois do exterior" e unha chamada á confianza no futuro do país.
"Sodes o mellor da marca España", asegurou
Fátima Báñez aos representantes da emigración aos que solicitou que "sigades
vendendo a marca España nun momento" que, en palabras da ministra "comezamos a saír da crise".
Pero tamén os mozos que están a saír de España ocuparon un espazo na inauguración. A ministra anunciou a posta en marcha dun programa cun presuposto de 2 millóns de euros destinados aos novos emigrantes. "Queremos que, agora que España inicia a recuperación, regrese o talento fuxido coa crise".

Os conselleiros, críticos
A apertura finalizou coa entrega da Medalla de Ouro da Emigración a título póstumo a Antonio Fidalgo Dopazo, emigrante ourensano nacido en Pereiro, que representou os españois en Cuba e que faleceu o pasado ano.
Tras a homenaxe produciuse a intervención dos conselleiros, que se mostraron moi críticos coa falta de resultados en cuestións que consideran tan prioritarias como o dereito ao voto non pregado. " Debemos reinventarnos. Así de contundente se mostrou Eduardo Dizy, presidente do Consello.
Dizy falou da necesidade de rematar co voto pregado. "Podemos entender que nestes momentos de crise haxa unha mingua de axudas económicas, pero non entendemos a mingua do voto que nos nega ser cidadáns de primeira", sinalou Dizy despois de recordar que a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, Loreg, supuxo un dramático descenso na participación dos emigrantes nos procesos electorais españois.
As cifras son contundentes, antes da posta en marcha da reforma a participación da diáspora roldaba un 30%, mentres que na última cita coas urnas -as eleccións Europeas- o número de votantes non chegou ao 2% do censo chamado a urnas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas