GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda reivindicou o "dereito ao voto con facilidade e garantías"

(24/09/2014)

Miranda reivindicou o "dereito ao voto con facilidade e garantías"

 



E. Carbajales

, Madrid | 23 Setembro 2014 - Crónicas da Emigración


Rodríguez Miranda, durante su intervención.

Rodríguez Miranda, durante a súa intervención.

 

 

O secretario xeral de Emigración, Rodríguez Miranda, mostrouse partidario da reforma da Loreg e explicou que, Galicia como comunidade autónoma que ten o 16% do seu electorado residente no exterior, impulsou a reforma da Loreg que actualmente se está a tramitar no Parlamento. Para Miranda, "é o momento de dar unha solución axeitada e integradora para poder votar nas eleccións xerais, autonómicas e europeas". Hai que ofrecer, dixo Miranda

, "un dereito de voto con facilidade e garantías para que non poida haber ningún tipo de dúbida".

Ante as preguntas dos conselleiros, Rodríguez Miranda explicou que "Galicia ten unha posición clara. A iniciativa esta nas Cortes que é o órgano soberano". "Eu quero ser positivo -dixo Miranda-
e dado que demos un paso, temos que confiar en que o documento presentado terá un trámite.

Previamente na súa intervención, Rodríguez Miranda
falou do Plan Integral de Emigración ao que o seu departamento destinará máis de 25 millóns de euros ata 2016 e explicou aos conselleiros os "principais retos que se formulan no comezo do novo século" e asegurou que no novo Plan de Emigración o Goberno galego se compromete "a garantir a necesaria atención e protección da cidadanía galega de residentes no exterior, especialmente daquelas en situación de maior precariedade".

No Plan tamén se considera incentivar a evolución das entidades galegas, de acordo coa Lei da Galeguidade
para modernizar na prestación de servizos, orientándoas ás necesidades actuais da diáspora.

Ademais, Rodríguez Miranda
destacou os puntos do Plan de Emigración para integrar as mozas nas institucións e intensificar a participación da vida das mulleres.

Outro dos obxectivos que formulou o responsable de Emigración da Xunta é a protección do patrimonio histórico, cultural e documental da Galeguidade en todo o mundo; e o fomento do retorno, incentivando iniciativas para a transferencia dos coñecementos e experiencias á Galicia territorial.

"Galicia, nacionalidade histórica que sempre mostrou a súa lealdade e vontade de colaboración co Estado español, asumiu o papel que as comunidades e entidades galegas teñen como presentantes da 'diplomacia pública' galega. Ninguén mellor que os nosos cidadáns no exterior para transmitir os nosos valores e potencialidades ás sociedades e estados que os acollen", asegurou Rodríguez Miranda.

O secretario xeral destacou "a continuidade" das políticas sociais na emigración e o "esforzo presupostario" que fai o Goberno galego, tanto directamente coma a través das entidades no exterior.

Rodríguez Miranda asegurou, ante o Pleno, que "Galicia é a comunidade de España que realiza un maior esforzo presupostario para atender ao colectivo do exterior", á vez que recoñecía que é a comunidade que ten máis emigrantes.

O responsable de Emigración da Xunta non quixo eludir os "dous grandes temas" que afectan aos emigrantes: o voto e as sancións polo retorno. Respecto a este último punto, Miranda recoñeceu "o esforzo do Goberno por ter a sensibilidade para achegar unha solución xusta á tributación dos españois no estranxeiro". O responsable de Emigración da Xunta instou aos que non estean de acordo co que el cualificou de "solución axeitada" a facer propostas para poder mellorar a solución.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas