GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Coruña foi o centro da emigración a América a partir de 1764

(23/09/2014)

A Coruña foi o centro da emigración a América a partir de 1764


Por Juan Ramón Baliñas Bueno MUNDIARIO
o 22 de setembro de 2014


Fotografía de Manuel Ferrol sobre la emigración gallega.
Fotografía de Manuel Ferrol
sobre a emigración galega.


Dende 1476 Galicia permaneceu marxinada dos poderes públicos, sen voto en Cortes ata 1623. En 1833 desapareceu o Reino de Galicia, substituído por Rexión Gallega, sen o Bierzo
.




No capítulo de hoxe desta serie sobre a historia de Galicia falamos da Idade Moderna. Os Irmandiños. Durante boa parte do século XV o pobo galego sufriu nas súas carnes o dominio apisoante da nobreza galega e dos cinco bispos das sedes. Desamparados de todos crearon irmandades, os Irmandiños
, unidos para derrocar fortalezas, signo do poder feudal e amparo dos nobres onde cometían toda clase de delitos contra o pobo. A Galicia medieval foise fraguando co terrible poder da nobreza galega, os nobres impuxeron os seus súbditos enormes impostos que estes chegado o momento xa non podían pagar nin facer fronte co seu traballo ou as súas poucas propiedades.

Os nobres cobraban aos campesiños polo simple feito de nacer, "a goiosa", e por morrer "a lutuosa", por facer unha casa, reformala, cambiar de vivenda, por casar "pernada", para alimento en guerra, ademais de estar dispoñible cada vez que o señor acudía a unha guerra ou construía un castelo, torre grande, ou pazo
.

A primeira revolta prodúcese no ano 1431 contra Nuño Freire de Andrade, "O Mao". Con Enrique II de Trastámara chegaron a Galicia moitos nobres de fóra, contra eles e o seu poder, contra os foros, fórmase a Irmande Fusquella, ao mando de Roi Sordo. Os castelos e fortalezas son a representación do poder feudal, e Roi Sordo destrúe os castelos de Andrade en Betanzos, Pontedeume, Lugo e Mondoñedo. Unha vez realizado este labor disolvéronse por discusións internas.

En 1467 realizouse a segunda revolta, a Gran Guerra Irmandiña, ao mando de Alonso de Lanzós en Betanzos e A Coruña, apoiada por pequenos burgueses como Diego de Lemos en Lugo e Ourense e Pedro de Osorio en Santiago, que formaron unha forza de 80.000 homes para derrocar (derrubar) máis de 100 fortalezas: as de Fernán Pérez de Andrade en Pontedeume e Ferrol, contra Gómez Pérez de las Mariñas na Coruña, contra Moscoso e Altamira en Santiago e Brión, Ulloa en Melide, conde de Lemos en Monforte e Lugo, contra Pardo de Cela en Mondoñedo, contra Vide en Ribadavia e contra Sotomayor en Tui e Vigo.

Osorio vence a Álvaro Páez de Sotomayor, quen antes de morrer lle di á súa muller María de Ulloa, logo amante do arcebispo Alfonso II de Fonseca, e pais do arcebispo Alfonso III de Fonseca, que se renda á súa morte e que o seu irmán Pedro (ao que manda retirar do convento), fuxa a Portugal. Este casa cunha rica herdeira e compra arcabuces, os primeiros da época. Fonseca II por outro lado, coida a fortuna de Sotomayor
e contrata mercenarios para volver á loita.

A nobreza loita para manter o seu feroz feudalismo esquilmando os campesiños, sen ningún temor nin aos reis, nin á igrexa nin a nada.

Pedro Sotomayor, Pedro Madruga, volve de Portugal cos arcabuces, Fonseca cos mercenarios, Fernán Pérez de Andrade en Pontedeume, Gómez Pérez de las Mariñas en Betanzos, Pedro Pardo de Cela, conde de Lemos en Viveiro e Mondoñedo... todos eles se unen contra Lanzós, que non tiña o carisma de dirixente de Pedro Madruga, e derrótanos. Vólvense reconstruír todas as fortalezas da nobreza (menos a fortaleza da Rochablanca en Iria Flavia).

Non obstante, os Reis Católicos toman parte no asunto e poñen en marcha o absolutismo, o sistema feudal era insostible, a nobreza esquilmaba os campesiños. Así, privan a nobreza de boa parte dos seus dereitos e nomean unha Xunta de Galicia. Envían un gobernador xeral, Fernando de Acuña, acompañado dun exército de árabes ao mando de Mugarra, para someter aos levantiscos condes galegos.

En 1483 executan ao mariscal Pardo de Cela, córtaselle a cabeza en Mondoñedo, despois prenden a Pedro Madruga
, que morre preso, talvez envelenado, en 1486. Ao resto destínanos á corte en diversos cargos e en países exteriores. Galicia é sometida ao poder central, prohíbese o galego, as lupandas nas vodas, ordenan arrancar as oliveiras e prohibir os demais costumes propios do pobo dende os celtas.

Os títulos nobiliarios dos condes salvaxes, os castelos, torres, pazos, pasan sucesivamente ás mans da nobreza asentada en Madrid, e, por casamento, á casa de Alba. A duquesa ostenta todos o títulos da Galicia medieval, os condados de Sarria, Lemos, Monterrey, Andrade, Salvatierra
, etc.

Os Reis Católicos impuxeron o absolutismo, quebra do feudalismo, propio do antigo réxime, cara a un estado moderno de monarquía absoluta. Comeza así, segundo Xerónimo Zurita
, "a doma e castración de Galicia", os anos escuros.

A marxinación de Galicia

Durante o reinado de
Carlos III séguense mantendo os foros: obriga de pagar rendas por parte do campesiñado. Como represalia contra a Armada Invencible enviada contra Inglaterra por Felipe II, o pirata Francis Drake desembarca e asola A Coruña o ano 1589. Os coruñeses, esporeados pola heroína María Pita, logran que o inglés abandone.

A partir de 1764 dende A Coruña empeza a eiva da emigración a América, da que nos chegan novos produtos de cultivo, como a pataca e o millo. A emigración seguiu na nosa fecunda terra ata a metade do século XX, pero entón a Europa.

Feito importante para Galicia foi a Guerra da Independencia contra os franceses. Créase entón a Xunta de Galicia ao mando do Capitán Xeral Filangieri, as diferentes clases sociais únense á Xunta na súa loita para facer fronte ao invasor. A Coruña levántase o 30 de maio de 1808, logrando alistar 40.000 soldados, entre eles o Batallón Literario. Os ingleses, escapando das tropas francesas, entran en Galicia en 1809 ao mando do Xeneral Moore, quen morre na Batalla de Elviña (A Coruña
). A finais dese ano os franceses abandonan Galicia.

Finalmente, a desaparición do Reino de Galicia como tal ten lugar en 1833, en que se denomina Rexión Galega, coas catro provincias (sen o Bierzo). Pero por aquel entón os afáns dun reino independente había anos que xa se perderan. Curiosamente, o Reino de Galicia non tivo voto nas cortes de Castela, dende o seu inicio en 1476 ata o ano 1623, considerando a Galicia, nese entón, unha entidade á parte, marxinada, rexida pola Xunta do Reino de Galicia, por disposicións dos Reis Católicos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas