GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pecha o hospital fundado en Salvador de Baía por galegos hai 129 anos

(23/09/2014)

Pecha o hospital fundado en Salvador de Baía por galegos hai 129 anos

As autoridades brasileiras blindan o inmoble para evitar o seu uso hostaleiro

 

O Hospital Espanhol, tal e como recolle a web do centro, foi creado a finais do século XIX pola Real Sociedade Española de Beneficencia, formada case na súa maioría por emigrantes de aquí. De feito, o seu actual presidente, Demetrio Moreira, nacido en Brasil pero fillo de galegos, é un dos representantes máis destacados da colectividade galega. A pesar da delicada situación do centro, as autoridades brasileiras non están dispostas a que o hospital peche e pase a mans de especuladores. O gobernador dese estado, Jacques Wagner, declarou de interese público o hospital, o que impide a venda do inmoble para outro fin que non sexa a utilidade pública. Wagner insistiu en que o decreto impedirá que se concreten especulacións acerca dun posible uso hostaleiro do edificio. «Non importa se será privado o filantrópico, é un hospital e continuará sendo un hospital».

O Sergas non ten acordos co centro sanitario e a Emigración non lle consta tampouco ningún convenio vixente. O anterior secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, con todo, si asinou un acordo entre a Xunta e a Real Sociedade de Beneficencia-Hospital Espanhol para facilitar a atención sanitaria aos galegos de Baía que visiten a comunidade galega.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas