GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vigo perde inimigrantes pero apuntala o seu censo con familias da bisbarra en busca de emprego

(19/09/2014)

 

 Vigo perde inimigrantes pero apuntala o seu censo con familias da bisbarra en busca de emprego

O fenómeno dos municipios "dormitorio" dilúese. Cae un 60% a chegada de estranxeiros


a. méndez 19.09.2014 | Faro de
Vigo



La calle del Príncipe abarrotada de transeúntes. // Marta G. Brea
A rúa do Príncipe abarrotada de transeúntes. // Marta G
. Brea




A demografía viguesa experimenta grandes cambios propiciados en boa medida pola evolución da economía local. Os anos de bonanza económica caracterizáronse pola chegada ao municipio de abundante poboación estranxeira ao tempo que centos de "locais" iniciaban un éxodo progresivo cara aos municipios do ámbito atraídos fundamentalmente por uns prezos máis alcanzables da vivenda e unha rebaixa de impostos. Este fenómeno que despuntou co novo milenio empeza a reverterse e Vigo
apuntala agora a súa poboación coas familias de municipios próximos que regresan á cidade confiando nun repunte económico e aproveitando a notable rebaixa experimentada polo mercado inmobiliario.

A cidade gaña poboación a custa do seu cinto máis próximo e por primeira vez en máis dunha década a inmigración interna supera á emigración, o que se traduce en que ao peche de 2013 eran máis os veciños de Porriño, Mos, Baiona, Gondomar, Redondela ou Fornelos que decidiron asentarse en Vigo
que os vigueses que marcharon a algunha localidade próxima por motivos laborais ou razóns económicas.

O último informe sobre movementos migratorios publicado polo Instituto Galego de Estadística non deixa lugar a dúbidas sobre o cambio de tendencia: en 2013 instaláronse en Vigo un total de 4.210 persoas procedentes dalgún outro municipio de Pontevedra mentres que saíron en dirección contraria 3.986 residentes. Hai apenas cinco anos eran 4.476 os vigueses que compraban casa e se mudaban a algún concello
próximo e apenas se censaban na urbe 3.775 pontevedreses.

 
Este cambio tamén se reproduce a nivel autonómico e agora mesmo son máis os galegos doutras zonas da comunidade que deciden trasladarse ao sur que os vigueses que emigran por razóns laborais ou familiares cara a algún punto de Ourense, Lugo ou A Coruña.

 

 

 


Fai click para ampliar o gráfico

 

 

A inmigración intraprovincial é a que axuda agora a manter o saldo migratorio vigués. Cáptase moita máis xente do ámbito próximo mentres a inmigración externa cae a mínimos históricos nun fenómeno de ámbito estatal que levou a España a perder poboación por segundo ano consecutivo. O número de estranxeiros caeu un 60% en cinco anos. En 2008 censáronse no municipio 2.780 persoas de fóra de España, unha cifra que en 2013 quedou en apenas 1.099 persoas.

Só un de cada sete novos veciños son agora estranxeiros e a sorte da cidade olívica é que puido compensar ese descenso con familias doutros municipios de Pontevedra. A estatística parece indicar que o movemento cara a Vigo se produce por motivos laborais, xa que a maior parte dos recén chegados teñen entre 30 e 54 anos -3.365- dun total de 7.186 inmigrantes rexistrados no último ano.

E igual que cambia a composición do grupo de chegada, tamén se observan cambios estatísticos entre os vigueses que deixan o seu fogar. Perde peso a emigración dentro da mesma provincia e mesmo a outros puntos de Galicia e crecen os que deciden instalarse fóra de España. Son un grupo pequeno en comparación cos movementos dentro da comunidade, pero o único que aumenta. O último ano marcharon ao estranxeiro 1.139 vigueses fronte aos 1.070 do ano anterior ou os 1.020 do 2008. Nestes momentos saen cara a países da UE en busca de traballo máis vigueses que estranxeiros realizan a viaxe en sentido contrario.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas