GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Facenda devolverá aos emigrantes retornados uns 20 millóns en sancións e intereses

(19/09/2014)

Facenda devolverá aos emigrantes retornados uns 20 millóns en sancións e intereses

O BNG presentará unha emenda no Congreso á reforma fiscal para satisfacer os intereses do colectivo emigrante

 

 

 

 

 

 

O Ministerio de Facenda devolverá uns 20 millóns de euros en concepto de sancións e intereses aos emigrantes retornados que teñan regularizado xa a tributación da súa pensión, sen esperar ao período de regularización extraordinario que se incluíu na reforma fiscal.

Así o explicou o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, en resposta a unha interpelación formulada pola deputada do BNG Olaia Fernández Dávila durante a sesión de control ao Goberno no Pleno do Congreso.

Montoro recordou que na reforma fiscal que se tramita xa na Cámara habilítase unha regularización extraordinaria para os residentes en España que cobran pensións do exterior e para aqueles estranxeiros que viven en España o seu retiro. Se se acollen a esta regularización, vixente desde o 1 de xaneiro de 2015 ata o 30 de xuño do mesmo ano, pagarán a cota correspondente do IRPF pola súa pensión, pero se lle condonarán sancións, intereses e recargas por non ter liquidado o imposto en exercicios anteriores.

Aos que xa teñan regularizado a súa situación, Facenda devolveralles o importe correspondente ás sancións e intereses de demora que tiveron que pagar, importe que Montoro cifrou nuns 20 millóns de euros. No entanto, o ministro precisou que esta cantidade se verá compensada «en parte» polos ingresos derivados do propio proceso de regularización.

A deputada galega non se mostrou conforme cos termos desta regularización e anunciou que presentará unha emenda á reforma fiscal para satisfacer os intereses do colectivo de emigrantes retornadas.

En concreto, Fernández Dávila criticou que Facenda, como si fai con sancións, intereses e recargas, non condone o pagamento do imposto desde 2008, esixindo ao colectivo a liquidación retroactiva desde devandito exercicio.

«É inxusto que teñan que pagar desde 2008 porque non tiñan coñecemento de que debían facelo. Vostedes condonan multas e intereses, pero non eliminan a tributación retroactiva desde 2008 e pagar desde ese ano o imposto pode supor 3.000 ó 4.000 euros. ¿Vostede sabe o que representa iso para unha familia onde non hai máis ingresos, onde moitos manteñen a outros membros en paro?», preguntoulle Fernández Dávila ao ministro.

Tamén reprochou a Montoro que os que xa regularizaron a súa situación teñan que presentar unha reclamación para que se lles devolva o importe das sancións e intereses e non se efectúe unha devolución de oficio por parte do Goberno.

«O lóxico é que llo devolvan sen que teñan que facer o trámite, porque é un colectivo de persoas maiores. O Goberno debería ser sensible e resolver este asunto sen que estas persoas teñan que reclamar o xa pago», subliñou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas