GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Multitudinaria homenaxe en Coristanco a unha emigrante retornada falecida no 2013

(17/09/2014)

Multitudinaria homenaxe en Coristanco a unha emigrante retornada falecida no 2013

Participaron plataformas chegadas de toda Galicia, primeiro nun acto xunto ao Concello, e despois no cemiterio

 

 

 

Chegada ao cemiterio de Erbecedo dos emigrantes, cunha coroa para a tumba de María Ángeles Lorenzo. CASAL

 

 

Centenares de persoas chegadas de toda Galicia, agrupadas nas diferentes plataformas de emigrantes retornados que loitan contra as sancións de Facenda -que consideran inxustas-, e agrupadas ao redor da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados, renderon onte unha homenaxe a María Ángeles Lorenzo Rey , a veciña de Erbecedo-Coristanco que se quitou a vida o ano pasado, angustiada pola presión de non poder facer fronte ás sancións.

A homenaxe tivo dous partes moi diferenciadas. Primeiro, cunha concentración (con moito calor) ante o Concello de Coristanco, explicando todo o problema que lles afecta, e moi crítica contra o Goberno do PP, ao que consideran o culpable do que lles sucede, especialmente ao ministro de Facenda. Houbo varios discursos, destacando o de Xosé Lois Eirós, o coordinador da plataforma galega e un dos responsables da organización, ademais de Manuel Domínguez, presidente da entidade de retornados Marusía.

Xa no cemiterio de Erbecedo, os carteis, lemas políticos e consignas quedaron fóra: en silencio, deixaron unha coroa na tumba da falecida (ao final, flores), houbo palabras de recordo, lecturas de poemas de Rosalía (varias estrofas por membros cada plataforma) e o agradecemento do fillo de María Ángeles.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas