GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Reinventándose en Centroeuropa

(15/09/2014)

Reinventándose en Centroeuropa

Carlos Andrés Vázquez, natural de Cartelle, atopou estabilidade económica e laboral en Suíza

O ourensán Carlos Vázquez, ante a fervenza da Sarraz, no cantón francés de Vaud.

 
 

A precariedade laboral existente en España foi o detonante da decisión «durísima» que Carlos Andrés Vázquez, ourensán do Peto (Cartelle) de 33 anos, tomou hai tres anos: emigrar a Suíza. Tivo que «deixar todo, amigos, noiva, a afección ao enduro, por non haber curro». Pasouse un ano enteiro buscando traballo aquí despois de non aceptar as «condicións degradantes» que lle ofrecía a última empresa para a que traballou.

En Suíza tiña familia que lle podía axudar a empezar de novo e iso foi determinante para elixir o país centroeuropeo como destino laboral. Atopou traballo de fontaneiro e despois de tres anos alí, Carlos Andrés afirma que está moi contento. «Aquí hai traballo se falas o idioma, só hai un 3 % de paro», expón o ourensán. O investimento, en tempo e diñeiro, para aprender o idioma -francés no seu caso, pois reside no cantón de Vaud- supúxolle seis meses de clases e tres mil euros. «O idioma é fundamental, a primeira semana xa empecei as clases; ía despois de traballar e despois do primeiro ano xa o falaba bastante ben. O importante é falalo tódolos días e así apréndese rápido», relata Carlos. Aprender o idioma e ter familia cerca facilitoulle a adaptación. Cando chegou a Suíza, alí residían unha irmá e o seu cuñado. Agora xa son tres os irmáns Vázquez que están na diáspora.

Este ourensán reside nunha pequena aldea deYens. A dez quilómetros está a vila máis próxima, Morgues, e a outros vinte, a cidade de Lausana. Nesta contorna, Carlos Vázquez explica que se relaciona con «xente de todas as nacionalidades». Conta que no cantón de Vaud, de fala francesa, «a sociedade suíza é algo máis aberta ca noutros cantóns de fala xermánica, onde son serios e metódicos, pero hai de todo coma en botica», asume. Desde a crise, observa que está chegando moita xente de España e doutros países que supoñen un importante número de inmigrantes para localidades tan pequenas. Algúns chegaron á aventura e non atoparon traballo. Outros si, matiza.

O día a día en Suíza resúltalle «un pouco aburrido». Resúmeo en traballar e aproveitar o fin de semana para comidas familiares ou para facer rutas de sendeirismo na bela natureza que ofrece o país helvético. O primeiro ano que chegou comprouse unhas raquetas de neve. E tivo que cambiar a súa afección polo enduro, máis restrinxido alí, pola bicicleta de montaña ou o sendeirismo.

A pesar de que estraña Galicia e os seus amigos, Carlos Vázquez recoñece que «Suíza é un dous mellores países do mundo para vivir» e por agora non cre que vaia cambiar de destino laboral. Aínda que o custo da vida é alto en Suíza, Carlos considera que en España e en Galicia, o é máis. «Aí temos a electricidade e a gasolina máis cara. Se aí se gañan mil euros e aquí cinco mil ao mes, o coste da vida é máis caro en España e aquí aínda que os gastos sexan elevados, pódese aforrar», analiza Carlos Vázquez.

Segue en contacto coa súa terra natal e coa súa xente. Adoita vir un par de veces ao ano, a pasar as vacacións do mes de agosto e outro par de semanas en Nadal. Incluso se achega algún fin de semana, aproveitando que hai voos directos e baratos entre Xenebra e Santiago de Compostela. Ao final, di, non é verdade que haxa máis vacacións en España que alí. No día a día, Internet facilita a comunicación cos seus amigos de aquí.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas