GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Facenda envia multas aos retornados malia a promesa de condonalas

(13/08/2014)

Facenda envia multas aos retornados malia a promesa de condonalas

 

 

A última foi recibida a semana pasada por un pensionista de Beade que traballou en Francia

 

 

 Grupo de retornados durante la manifestación del pasado 4 de mayo en Ourense (JOSÉ PAZ)
Grupo de retornados durante a manifestacion do pasado 4 de maio en Ourense (JOSÉ PAZ)

 

A Rexión 13/08/2014

A pesar das promesas do Goberno de Mariano Rajoy de que as sancións aos retornados serán anuladas, estas seguen chegando aos pensionistas que reciben a súa paga, na súa totalidade ou en parte, do país estranxeiro onde desenvolveron a súa actividade. É o caso de Manuel, veciño de Beade, que o pasado xoves recibiu no seu domicilio un escrito da Axencia Tributaria reclamándolle o pagamento de 770 euros por "non" presentar declaración da renda correspondente ao exercicio 2010 no prazo establecido, estando obrigado a presentar a citada declaración por percibir rendementos de traballo cuxo pagador non está obrigado a reter a conta do IRPF español, segundo sinala o devandito documento.

"Xa pensabamos que, despois do que dixeran, non ían mandar máis sancións", sinala este veciño do Ribeiro que, de momento, se apresurou a aboar a correspondente multa. Pagueina onte mesmo, certifica. Manuel -que prefire manter o anonimato- móstrase perplexo pola situación que está a vivir. " Por que me penalizan se eu fun á delegación de Facenda en Carballiño no 2008 para informarme e a funcionaria non me dixo nada disto? Se me tivesen informado non tería habido problemas", asegura. O afectado engade que, tras a reunión do último Consello de Ministros, "tamén pensei que nos ían pagar as multas que xa aboamos", que no seu caso ascenden un montante total de ao redor de 3.000 euros.

Este retornado asistiu "hai uns tres meses" a unha das reunións da Plataforma de afectados, "que se desenvolveu en Castrelo de Miño, pero non asinei o escrito que nos pasaron para protestar porque me parecía algo politizado; agora non sei se fixen ben", explica.

O caso de Manuel non é único en Ourense nin en Galicia, como certifica Manuel Domínguez, un dos coordinadores da Plataforma existente a nivel autonómico: "As notificacións de cobramento de sancións seguen chegando. No anuncio do Goberno hai moito de publicidade e pouco de realidade", asegura.

As plataformas de afectados seguen pelexando, mentres tanto, por cambiar a Lei 35-2006 "que nos discrimina con respecto aos xubilados de aquí", destaca Domínguez.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas