GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Alberto Vaquero García "Deses mozos ben preparados estanse a beneficiar outros"

(13/08/2014)

"Deses mozos ben preparados estanse a beneficiar outros"

 

Alberto Vaquero García é doutor en Economía e titular de Economía Aplicada na Facultade de Empresariales da Universidade de Vigo


A Rexión 12/08/2014

Cal é a razón ou razóns de que Ourense lidere a taxa de mobilidade laboral en Galicia?

A provincia de Ourense ten un problema endémico que é a falta de oportunidades laborais. Soamente o sector servizos, especialmente o pequeno comercio e a actividade pública, teñen un peso relevante na actividade económica. En Ourense non existe un tecido industrial que sexa capaz de colocar ao inxente número de egresados ou graduados que se xeran todos os anos e ante a falta de oportunidades laborais, é normal que a poboación emigre, xa que o pouco emprego que se xera non resulta de calidade e, sobre todo, non resulta atractivo para os máis preparados, que non esquezamos é a poboación que adoita emigrar. Todo isto xera unha perda de capital humano que lastra a situación económica da provincia.

Hai algúns anos un grupo de investigadores das tres universidades galegas publicamos unha investigación para a Consellería de Educación onde se chegaba ao resultado que só o 13% dos egresados universitarios eran empregados pola pemes galegas. Se temos en conta que a maior parte do tecido produtivo o forman microempresas e pemes, a situación laboral dos nosos universitarios non é a mellor.

Que relación ten esta situación coa regresión demográfica provincial?

Isto xera unha perda non só de poboación, senón de riqueza, xa que entre todos estamos a soportar o custo da súa formación, da que logo se benefician outros que non a financiaron. Esta "subvención cruzada" énos desfavorable. Ata hai anos este diferencial de mobilidade víñase amortecendo cos emigrantes retornados, pero este fluxo xa non ten a mesma intensidade. Ou se toman medidas pronto ou a provincia de Ourense rematará sendo unha rexión envellecida, con escaso dinamismo económico e cunha dependencia do sector servizos preocupante.



Esta situación é reversible?

 

 

Se a única opción é deixar que o problema se arranxe só a situación vai ir a peor. Algúns investigadores levamos demandando as institucións públicas e privadas, dende hai décadas, un plan estratéxico que sexa capaz de detectar os depósitos de emprego desta provincia, que os poña en valor e que posibilite un relanzamento económico. Ata o momento non se fixeron grandes esforzos neste sentido.



Que papel debe xogar a Universidade neste asunto?

A Universidade ten a capacidade, os instrumentos para detectar que é o que se pode facer e cara a onde orientar os esforzos públicos e privados, pero non sempre se conta cos investigadores universitarios para orientar as políticas públicas de creación de emprego.

Nós encontrámonos inmersos, somos parte dun tecido económico e como parte deste temos a responsabilidade de axudar no que poidamos, pero ás veces, as decisións técnicas van por un lado e as políticas por outro.

Resulta curioso que institucións como o Consello Económico e Social de España contase con investigadores, entre outros, da Universidade de Vigo, para formular modelos alternativos de políticas activas de emprego, e non haxa esa mesma resposta dende as institucións locais ou provinciais.

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2019
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas