GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ourense é a provincia con maior taxa de mobilidade laboral de Galicia

(13/08/2014)

Ourense é a provincia con maior taxa de mobilidade laboral de Galicia

 

A "exportación" de traballadores da provincia está moi por enriba da media nacional, un 16,4% sobre o 12,5% en España


A Rexión 13/08/2014

 

 

Ourense sitúase á cabeza das catro provincias galegas en canto a mobilidade laboral fóra das súas fronteiras, cunha taxa do 16,4% no que vai de ano, segundo un informe da empresa de traballo temporal Ramstadt, sobre a base de datos do Instituto Nacional de Estatística e o Servizo Público de Emprego. A Ourense séguelle Lugo, cun 15,6%, ambas as dúas moi lonxe da media nacional (12,48%), por debaixo da cal si se sitúan tanto A Coruña, cun 12,02%, coma Pontevedra, co 11,86%.

Do total de contratos rexistrados este ano en Ourense (55.078), 47.766 foron de permanencia na provincia, outros 7.312 foron de traballadores que chegaron a Ourense e 9.380 de persoas que marcharon desta provincia para conseguir traballo, ofrecendo un saldo negativo de 2.068 persoas entre os traballadores que chegaron e os que se foron.

Un dato especialmente relevante é que a mobilidade laboral calla sobre todo entre as persoas máis novas. Esther Rodríguez, do departamento de Orientación Laboral da Confederación de Empresarios de Ourense, subliña que "a xente nova, de ata 35 anos, si adoita aceptar a mobilidade laboral sempre e cando non teña cargas familiares". Explica que cando a un candidato lle sae unha oferta de emprego fóra de Ourense "adoita facer cálculos da estanza e se ten ou non cargas familiares".



O peso da carga familiar

Polo lado contrario, a responsable do servizo recorda que "adoita ser máis complicado que haxa mobilidade laboral en persoas maiores de 45 anos", precisamente polas cargas familiares e porque "acollerse á mobilidade dálles un pouco de vertixe".

En canto aos perfís, a maior parte das persoas que están dispostas a irse a outras provincias son universitarios, "sobre todo xente que xa adquiriu formación en prácticas a través de bolsas como Erasmus, Leonardo e outras parecidas".

Para Benxamín Vences, voceiro de CC.OO., esta sangría de traballadores que está a sufrir a provincia "é algo endémico" e débese a que "en Ourense o sector primario está abandonado, a construción parada, case non hai industria e o sector servizos tamén vese afectado". Vences afirma que "esta circunstancia non é froito da actual situación", xa que recorda que "sen crise, eramos exportadores nacionais de funcionarios públicos", "ante a falta de oportunidades en Ourense".

Cando se lle pregunta por posibles solucións sinala que "quen terá que facer autocrítica son os líderes políticos" e explicar "por que os fondos estruturais europeos, que debían supoñer un impulso para esta provincia, non tiveron esa repercusión positiva".

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas