GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta destina preto de 1,7 millóns de euros a proxectos e microproxectos de cooperación no exterior

(12/08/2014)

A Xunta destina preto de 1,7 millóns de euros a proxectos e microproxectos de cooperación no exterior


 

Redacción, Santiago | 11 Agosto 2014 - Crónicas da Emigración



A Xunta destinará preto de 1,7 millóns de euros á execución de proxectos e microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior. Así o recolle o portal web da Cooperación Galega, www.cooperaciongalega.org, onde se poden consultar as entidades beneficiarias destas axudas para este tipo de actividades.

Na convocatoria destas subvencións -publicadas no DOG o pasado mes de maio-, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e a UE informaban de que se destinarían un total 1.680.000 euros para o ámbito da cooperación para o desenvolvemento, dos cales 1,3 millóns de euros se adxudicarían a proxectos de ONGD no exterior, 300.000 euros para aqueles proxectos desenvolvidos por outros axentes de cooperación igualmente no exterior e 80.000 euros para microproxectos promovidos no exterior, novamente polas ONGD.

Deste modo, financiaranse proxectos e microproxectos de cooperación no exterior que redunden na ampliación das capacidades e liberdades das poboacións beneficiarias, contando coa participación responsable de socios locais na execución e na xestión dos recursos dos proxectos. Ademais, estas axudas están encamiñadas a subvencionar accións que teñan unha repercusión práctica e cuantificable, que satisfagan as necesidades básicas e os intereses da poboación máis desfavorecida do país no que finalmente se leven a cabo os plans.

Unha vez avaliadas tecnicamente todas as solicitudes que foron debidamente presentadas na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e na UE, finalmente recibirán financiamento un total de 25 proxectos e microproxectos, entre os que se encontran iniciativas de ONGD e outros axentes de cooperación.

Cabe destacar que foron as ONGD as que máis iniciativas propuxeron nesta convocatoria e tamén son deste sector a maior parte dos proxectos escollidos. Entre as organizacións elixidas encóntranse UNICEF, Enxeñeiros sen Fronteiras, Farmamundi ou Intermon Oxfam, entre outras. Por outra parte, entre outros axentes seleccionados para desenvolver proxectos no exterior encóntrase un plan en materia de I+D+i+T presentado polo Laboratorio do Territorio da USC ou un proxecto de seguridade alimentaria en Perú desenvolvido por ANFACO.

Os proxectos presentados foron avaliados segundo os criterios que establecía a convocatoria do mes de maio para cada unha das modalidades de cooperación, entre os que se encontraba o contido do proxecto en si mesmo, a entidade solicitante e a coincidencia coa estratexia galega de cooperación.

Esta resolución de axudas enmárcase no III Plan Director de Cooperación Galega 2014-2017, aprobado polo Consello da Xunta e polo Parlamento de Galicia; así como no Plan Anual de Cooperación Galega para o 2014.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas