GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados galegos reclaman ante Facenda igualdade fiscal

(08/08/2014)

Os retornados galegos reclaman ante Facenda igualdade fiscal


 

Redacción, Santiago | 06 Agosto 2014 - Crónicas da Emigración

 

Elena Muñoz con los representantes de las plataformas de pensionistas retornados.

Elena Muñoz cos representantes das plataformas de pensionistas retornados.




Os emigrantes retornados denunciaron ante Facenda discriminación fiscal e nunha reunión coa conselleira Elena Múñoz reclamáronlle igualdade fiscal, o que, segundo dixeron, pasa porque a regulación dos tributos non afecte a períodos impositivos anteriores e que as pensións dos retornados "tributen igual que a do resto dos galegos".

Durante a reunión, a conselleira de Facenda, que estivo acompañada polo director da Axencia Tributaria de Galicia, Ulpiano Villanueva, explicou o proceso de regulación aberto polo Goberno central e asegurou que con este cambio normativo "se lle dá resposta a unha reclamación compartida tamén polo Goberno galego". De feito, recordou, tanto o presidente da Xunta coma ela mesma tiñan traslado ao ministro de Facenda as demandas deste colectivo.

Os representantes das plataformas de pensionistas retornados volveron solicitar o apoio da Xunta para reclamar un trato igualitario co resto de pensionistas galegos. Segundo recordaron, os pensionistas cun pagador tributan a partir dos 22.000 euros e eles, con dous, deben facelo ao superar os 11.200 euros. Nesta liña de actuación pediron a Múñoz que o seu departamento elabore un informe para remitir a Montoro e que poña de manifesto que recibindo idénticas cantidades de diñeiro, os retornados deben pagar máis.

Muñoz transmitiu, durante a reunión, a "disposición" da Axencia Tributaria de Galicia "para facilitar o proceso de regularización, malia tratarse dunha competencia do Estado,".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas