GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Facenda di aos retornados que xa lograron igualdade de trato fiscal sen as sancións

(06/08/2014)

Facenda di aos retornados que xa lograron igualdade de trato fiscal sen as sancións

Os emigrantes anuncian que seguirán coas protestas contra o pagamento retroactivo desde o ano 2008

A Xunta entende que se conseguiu o que a Administración e os propios afectados perseguían desde un inicio: que non se tratase aos retornados como defraudadores, o que non lles exime de atender as súas obrigacións tributarias como o resto de contribuíntes.

Preguntada sobre a petición das plataformas de eliminar a imposición retroactiva desde o 2008, Elena Muñoz respondeu que os afectados están no seu dereito de propor o que estimen oportuno, pero recordou que se trata de novas formulacións.

Os retornados terán desde o 1 de xaneiro do 2015 seis meses de prazo para regularizar as pensións percibidas do estranxeiro desde o ano 2008. E aqueles contribuíntes que teñan abonado as multas, intereses ou recargas terán dereito á devolución. A Xunta comprometeuse onte cos afectados a facilitar todo o apoio da administración tributaria galega no proceso de regularización. Lois Leirós, da coordinadora nacional galega de emigrantes retornados, recoñeceu que a retirada das sancións constitúe un avance, pero advertiu que os afectados seguirán coa súa loita na rúa contra o pagamento retroactivo. «Nós teremos que pagar dende o momento en que temos coñecemento de que hai que facelo e iso é dende este ano, o primeiro no que se inclúe un apercibimento nos borradores», explicou.

Os retornados pideron detalles a Facenda de como se abordará o proceso de regularización, pero a Xunta está á espera de coñecer a letra pequena do documento de Facenda para ofrecer información e asesoramento aos afectados. A conselleira comprometeuse cos afectados a mediar ante o Goberno noutras das demandas que son competencia do Executivo central, como a revisión de todos os convenios bilaterais e a modificación da lei 35/2006 para que as pensións dos retornados tributen igual que as do resto dos galegos que non emigraron ao estranxeiro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas