GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Convocadas as bolsas 'Ourense-Exterior' para a realización de estudos de máster no Campus de Ourense

(05/08/2014)

Convocadas as bolsas 'Ourense-Exterior' para a realización de estudos de máster no Campus de Ourense


Redacción, Ourense | 04 Agosto 2014 - Crónicas da Emigración


O programa 'Ourense Exterior' abre as portas do campus de Ourense da Universidade de Vigo a todos os cidadáns residentes no exterior que queiran iniciar os seus estudos de máster en calquera dos que se ofertan neste campus, a través dun sistema de bolsas en matrícula ordinaria.

O 'Ourense Exterior' pretende contribuír á oferta da formación educativa superior para residentes no exterior. Constitúe un instrumento destacado para favorecer a proxección internacional do campus de Ourense da Universidade de Vigo, toda vez que os fluxos de estudantes internacionais son un indicador da calidade educativa dunha institución universitaria e son un obxectivo das formulacións do Espazo Europeo de Educación Superior.

A finalidade da Universidade de Vigo, o seu Consello Social e a Deputación de Ourense é axudar os residentes no exterior a cursar estudos universitarios de máster no campus de Ourense da Universidade de Vigo.

O número de bolsas é de dez, que sufragarán os gastos derivados das taxas de matrícula no centro que corresponda, así como os gastos de viaxe (ata un importe de 600 euros).

 

 

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias do programa as persoas que residan no estranxeiro, que teñan máis de 18 anos e menos de 30, que cumpran cos requisitos académicos para poder acceder á titulación e que sexan aceptados e se matriculen no máster.



Presentación de solicitude e prazos

A solicitude presentarase nos rexistros da Universidade de Vigo, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de Novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de Xaneiro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.



Aquelas persoas solicitantes que non teñan acceso a un rexistro dos anteriores, poderán enviar o impreso de solicitude, unha vez asinado, xunto con toda a documentación solicitada, á dirección de correo electrónico Siope-ou@uvigo.es

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 17 de agosto de 2014.

A solicitude pode descargarse en

ttps://seix.uvigo.es/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/263

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas