GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes retornados entregan a Pastor unha carta para Montoro coas súas demandas sobre a regularización das pensións

(04/08/2014)

Emigrantes retornados entregan a Pastor unha carta para Montoro coas súas demandas sobre a regularización das pensións

 

 

Ven "insuficiente" o anuncio e piden non ter que regularizar ingresos percibidos antes de 2014


EUROPA PRESS. 02.08.2014



A Coordinadora Nacional de Plataformas de Emigrantes Retornados de Galicia entregou unha carta á ministra de Fomento, Ana Pastor, dirixida ao seu homólogo de Facenda, Cristóbal Montoro, en relación aos cambios anunciados sobre a regularización das pensións procedentes do estranxeiro.

Emigrantes retornados entregan a Pastor una carta para Montoro con sus demandas sobre la regularización de las pensiones

O Ministerio de Facenda anunciou este venres que abrirá un período de seis meses, a partir de xaneiro de 2015, para regularizar sen sanción as pensións procedentes do estranxeiro, segundo o proxecto de lei de reforma do IRPF e do Imposto da Renda de No Residentes aprobado polo Consello de Ministros, que inclúe unha disposición a tal fin.

A entrega da carta tivo lugar durante a protesta que o colectivo realizou en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), aproveitando a visita de Pastor para supervisar o novo tramo da AVE entre Barro e Pontevedra. O obxectivo da plataforma é que o comunicado chegue ao ministro de Facenda.

Un dos integrantes da Coordinadora, Manolo Domínguez, comunicou a Europa Press que o colectivo continuará coas "reivindicacións espontáneas" nas rúas porque o anuncio non lles "satisfai".

Así, algunha das reivindicacións que solicitaron é a modificación do proxecto de lei e a "non discriminación" cun xubilado non emigrante, xa que tributan por tipos superiores, malia cobrar cantidades idénticas.

Domínguez manifestou que o feito de que devolvan as sancións "non" é satisfactorio", porque estas accións están "pensadas para o electoralismo" e non para solucionar os problemas dos retornados. Neste sentido, afirmou que as sancións "non se deberían ter producido".


"información transparente"

Manolo Domínguez criticou que o labor do Goberno central é proporcionar "información transparente" e recordou que ata 2008 os funcionarios os informaran de que non tiñan que declarar as pensións".

A Coordinadora tamén agradeceu a mobilización dos emigrantes retornados nos actos de protesta, pero sostén que "non" pode agradecer nada" ao Goberno central.

Os emigrantes retornados galegos cren que o período de regularización supón un recoñecemento de que "houbo un cambio de interpretación da lei" "por parte do Goberno", polo que reclaman que non teña carácter retroactivo e afecte aos ingresos percibidos en 2014 e non antes. Tamén piden que se establezan medidas para facilitar o pagamento.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas