GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno dá seis meses aos emigrantes retornados para que regularicen as súas pensións

(04/08/2014)

O Goberno dá seis meses aos emigrantes retornados para que regularicen as súas pensións



E. Carbajales, Madrid | 03 Agosto 2014 - Crónicas da Emigración



O último Consello de Ministros antes das vacacións estivais aprobou o proxecto de lei de reforma do IRPF e do imposto da Renda dos non Residentes, que inclúe un período de seis meses, dende xaneiro de 2015, de regularización sen sancións das pensións procedentes do estranxeiro.

Así, durante o primeiro semestre de 2015 os afectados poderán presentar autoliquidacións complementarias dos períodos impositivos que non prescribisen. Do mesmo modo, o texto legal anula as sancións, recargas e intereses de demora. Os que xa se aboasen, serán devoltos.

O Goberno central considera que a medida "facilita a integración destes cidadáns como calquera outro residente en España".

Dende a Xunta de Galicia, a medida acolleuse con satisfacción, xa que "dende un primeiro momento" entendeu que os pensionistas "actuaron na súa inmensa maioría sen ánimo defraudatorio". Ademais, o proxecto de Lei responde á solicitude unánime do Parlamento de Galicia.

Pola súa banda, diferentes plataformas de afectados mostraron as súas reticencias ante este anuncio, e confirmaron a súa intención de continuar as protestas xa que solicitan un trato xusto, " e non de favor". Neste sentido, persisten na súa intención de solicitar a modificación da Lei do IRPF e que, ao ter máis dun pagador, os obriga a facer a declaración do IRPF se cobran máis de 11.200 euros anuais, mentres que os pensionistas españois que só contan cun pagador, non teñen obriga de tributar ata que superen os 22.000 euros de ingresos anuais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas