GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vedra agradece o legado emigrante que desenvolveu a parroquia de San Xián de Sales

(28/07/2014)

Vedra agradece o legado emigrante que desenvolveu a parroquia de San Xián de Sales

A asociación Unión e Progreso, que cumpre cen anos, financiou a escola, unha caixa rural e unha mutua agraria

Un claro exemplo deste legado é a sociedade Unión e Progreso, de San Xián de Sales, que acaba de cumprir un século dunha existencia especialmente prolífica. E para celebralo, nada mellor que agradecer todo o que fixeron os seus fundadores pola terra na que naceron.

Este colectivo, tal e como recordan os actuais membros da entidade, «dende os seus comezos traballou polo desenvolvemento da parroquia». A mellor proba de que isto foi así é que o diñeiro que enviaron durante décadas permitiu a construción e mantemento da escola, xa que pagaban o soldo do mestre. Coas súas achegas púidose construír o campo da festa, o palco da música do mesmo recinto, unha ponte e camiños como o da Torre. O muro que rodea a igrexa tamén é obra da asociación, cun deseño importado de Arxentina e que hoxe aínda perdura.

Pero o seu legado non quedou aí, nin moito menos, xa que esta entidade incluso creou unha especie de caixa rural e ata unha mutua agraria para asegurar a reses dos seus socios. Ambas as iniciativas contribuíron de forma significativa ao crecemento económico do municipio. Todo o seu legado está perfectamente identificado, xa que o Concello dispón dunha ruta específica que pon de manifesto ata que punto a emigración foi importante para Vedra.

A antiga escola é hoxe sede da asociación e está completamente restaurada. Nela gárdanse imaxes de numerosos membros. E desde onte tamén loce unha minimalista placa transparente na que os actuais veciños de Vedra expresan «o recoñecemento polo traballo desenvolvido por esta parroquia ao longo de cen anos».

Por todo o anterior, onte foi un día cargado de actos. Comezou cunha misa polos socios defuntos e o descubrimento da placa honorífica E ao redor de trescentas persoas participaron nunha comida no campo da festa.

O acto máis especial foi a entrega de placas conmemorativas a presidentes da asociación e aos familiares dos antigos directivos dun colectivo que desde hai anos funciona como unha entidade veciñal que segue velando por San Xián.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas