GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Tensión entre policías, fiscais e xuíces polas probas de idade a inmigrantes

(21/07/2014)

Tensión entre policías, fiscais e xuíces polas probas de idade a inmigrantes



j.c. / madrid
Día 21/07/2014 - ABC



O TS prohibe as revisións médicas xeneralizadas para determinar a idade de inmigrantes se levan documentación

 

Tensión entre policías, fiscales y jueces por las pruebas de edad a inmigrantes
efe
Un grupo de inmigrantes celebra a súa entrada en Melilla


Na loita contra a inmigración ilegal é habitual que as autoridades practiquen probas médicas de idade a aqueles inmigrantes que aparentan ter máis idade da que din os seus documentos de orixe. Despois de varios casos controvertidos, o Tribunal Supremo fixou doutrina: non é legal someter de xeito indiscriminado esas probas a todos os inmigrantes cuxos documentos demostren minoría de idade, a cal lles concede unha protección legal especial.

Tras coñecerse esta doutrina, a Fundación Raíces reclamou que se anulen todos os casos nos que a Fiscalía decretou a maioría de idade de inmigrantes a pesar de que portaban documentos oficiais dos países de orixe que acreditaban que eran menores.

A partir de agora, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado necesitarán un indicio ou proba de que o documento non é fiable para poder practicar as probas médicas. O alto tribunal sostén que é necesario facer «un xuízo de proporcionalidade» e ponderar «axeitadamente» as razóns que levan a someter os inmigrantes sobre cuxa minoría de idade existan dúbidas a probas complementarias.

Aproveitando dous casos de persoas procedentes de Guinea-Conakry e Ghana, os maxistrados fixaron doutrina sobre o artigo 35.3 da Lei de Estranxeiría, que establece que cando os corpos policiais localicen un estranxeiro indocumentado cuxa minoría de idade non poida ser establecida con seguridade, se lle dará, polos servizos competentes de protección de menores, a atención inmediata que precise, de acordo co establecido na lexislación de protección xurídica do menor.

Ao existir discrepancias de interpretación entre distintas Audiencias Provinciais, o Tribunal Supremo estableceu que o inmigrante que teña un pasaporte ou documento de identidade do que se desprenda a súa minoría de idade, non poderá ser considerado un estranxeiro indocumentado para ser sometido a probas complementarias para saber a súa idade.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas