GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes retornados de Ourense únense á coordinadora galega

(18/07/2014)

Os emigrantes retornados de Ourense únense á coordinadora galega

Medio centenar de persoas integran a nova plataforma. miguel villar

 
 
 

A Asociación de Emigrantes Retornados de Ourense deixou onte de funcionar de forma efectiva. O colectivo, creado polos afectados polas reclamacións e multas de Facenda por non declarar e tributar polos ingresos que perciben dos países onde estiveron a traballar, transformouse en Plataforma de Emigrantes Retornados de Ourense.

A decisión tomárona medio centenar de membros da asociación, que onte se reunían no Edificio Sindical da capital e vai máis aló dun simple cambio de nome. Varía o seu funcionamento -xa non hai directiva nin socios, senón un grupo de portavoces que se encargará de organizar aos emigrantes para as accións que se decidan emprender-, pero o máis importante é que o colectivo ourensán pasa a integrarse na coordinadora galega de afectados por esta decisión de Facenda.

Ata o momento Ourense non formaba parte desta entidade que aglutina a 17 grupos doutras tantas comarcas galegas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas