GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda explicou os alcances da nova Lei de Galeguidade ás institucións galegas en Montevideo

(18/07/2014)

Miranda explicou os alcances da nova Lei de Galeguidade ás institucións galegas en Montevideo


Crónicas da Emigración

Álvaro Velázquez, Montevideo | 17 Xullo 2014 -


Antonio Rodríguez Miranda y Roberto Varela presidieron la reunión con los dirigentes de entidades gallegas.

Antonio Rodríguez Miranda e Roberto Varela presidiron a reunión cos dirixentes das entidades galegas.

 

O secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodriguez Miranda, mantivo unha reunión en Montevideo con dirixentes da Federación de Institucións Galegas do Uruguai (FEGU), buscando explicar a forma de aplicar e de entender a nova Lei de Galeguidade.

Na reunión, que se levou a cabo na sala de sesións de Casa de Galicia, participaron o embaixador de España, Roberto Varela; o conselleiro laboral, Andrés González Murga; o delegado da Xunta para Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro; o presidente da FEGU, Carlos Barcia; e demais presidentes e delegados de todas as institucións galegas integrantes da federación.

Segundo Miranda, o obxectivo da reunión foi dar explicacións ás institucións co máximo de claridade, de forma que poidan poñerse ao día para os efectos de incorporarse ao novo rexistro de galeguidade. "Temos unha nova lei, un novo regulamento que determina un cambio substancial, un cambio que permite que todas as entidades que traballen por Galicia teñan un recoñecemento de traballo... a cada unha delas terase que recoñecer en función do que son ou o que fan", dixo o secretario xeral.

"Intentamos poñer ao día o rexistro de galeguidade, saber cal é a realidade no mundo da galeguidade de hoxe. Hai moitas entidades que non teñen actualizados os seus datos dende hai dez ou vinte anos, con esta nova lei buscamos poñer ao día a galeguidade", explicou Rodríguez Miranda.

Para axudar ás institucións a completar a documentación a presentar, haberá funcionarios que se poderán desprazar dende Galicia para poñer ao día a todas as institucións de forma que Galicia poida seguir colaborando.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2019
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas