GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Próximo Consulado Móbil de Colombia á cidade da Coruña o 5 e 6 de agosto

(22/07/2014)

Próximo Consulado Móbil de Colombia á cidade da Coruña o 5 e 6 de agosto

 

 

O Consulado Xeral Central de Colombia en Madrid desprazase a súa unidade móbil á cidade da Coruña o próximo 5 e 6 de agosto de 2014

 

 

www.parainmigrantes xullo 2014

O Consulado Xeral Central de Colombia en Madrid desprazará a súa Unidade Móbil 'Colombia máis preto de ti', o próximo martes 5 e mércores 6 de agosto de 2014, á cidade da Coruña, para atender os diferentes trámites consulares dos connacionais residentes nesta cidade.

consulado de colombia

A Unidade Móbil atenderá os seguintes trámites:

- Pasaporte.
- Constancias ou certificacións de Inscrición Consular.
- Permiso de saídas.
- Autenticacións, Poderes específicos e Declaracións de estado civil.
- Cédula de cidadanía (primeira vez, duplicado e renovación).
- Pagamento de Apostila, Pasado xudicial e outros documentos colombianos.
- Rexistro civil.

Se estas interesado en acudir a este Consulado móbil de Colombia na cidade da Coruña deberás antes programar a túa cita. Podes facelo facendo click neste icono:

solicitud cita previa

Horario e lugar

O horario será o próximo día 5 e 6 de agosto de 2014 dende as 9:00 horas ata as 18:00 horas.

O lugar onde terá lugar o Consulado Móbil de Colombia aínda esta por confirmar.

Os pagamentos pódense realizar con tarxeta débito ou crédito directamente na Unidade Móbil ou a través de consignación no Banco Santander, conta n.º 0049-0496-81-24 10206925 polo valor exacto do trámite que desexe facer. Presente o recibo orixinal. Este debe ir imprimido co timbre e o nome do beneficiario.

NOTA: Recorda que se entregarán cédulas e pasaportes sen cita tramitados previamente nesta Oficina Consular durante os tres días (3) de Consulado Móbil, enviando ao correo cmadrid@cancilleria.gov.co, antes do 31 de xullo de 2014, a solicitude da entrega dos devanditos documentos.

Para que non teñas ningún problema e poidas facer todos os trámites con éxito recorda consultar todos os requisitos así como os documentos necesarios para cada un dos trámites consulares dispoñibles neste Consulado Móbil na cidade da Coruña, podes consultar todo facendo click sobre este enlace: http://madrid.consulado.gov.co/

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas