GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Hai 300 socios, pero os nativos de Galicia en Cuba non chegan a catro»

(15/07/2014)

«Hai 300 socios, pero os nativos de Galicia en Cuba non chegan a catro»

Filla dun emigrante da parroquia das Oiras, e pregoeira en Alfoz

Escrito por:

14 de xullo de 2014  

 

Pilar Fernández, de 75 anos, naceu en Cuba e visita estes días á súa familia paterna en Alfoz. p. losada

 
 
 

María del Pilar Fernández, nacida hai 75 anos en Cuba é tesoureira da Sociedade Fillos de Val de Ouro na Habana. Estes días visita á súa familia paterna en Alfoz: «O meu pai era nativo de Oiras e teño aquí uns cantos primos que coñecín de pequena, hai 63 anos. Grazas á Xunta, co seu programa Reencontros, estou aquí. É marabilloso reencontrarme coa familia, bellísimo».

 

-O seu pai emigrou a Cuba ¿De onde era?

-O meu pai era de Couto, en Oiras e a miña nai, de Sarria. Os dous emigraron a Cuba en 1919. Coñecéronse alí e casáronse. Fóronse con 19 anos, entón había moita emigración de Galicia a Cuba. Cando chegaron o meu pai empezou a traballar en panaderías,. estivo moitos anos de panadeiro ata que andando o tempo adquiriu unha e logo outra. A miña nai foi serventa en varias casas, coidaba nenos; logo casouse e converteuse en ama de casa, morreu aos 82 anos e o meu pai aos 96.

 

-Como foi a súa vida en Cuba?

-Ben. Eu traballei durante 50 anos nunha industria alimentaria que elaboraba produtos de confeitería, pastas alimenticias e galletas, desenvolvín a miña actividade na área económica (prezos, custos...), porque son economista. (...) Ben. Teño unha filla que é estomatóloga, está facendo unha especialidade en periodontología e está ben. Agora mesmo estaba a tratar de pasarlle un mensajito para dicirlle que aquí estou encantada da vida.

-Vostede estivo aquí hai 63 anos ¿Notou moito cambio agora?

-Se, e para ben. Para o meu é todo descoñecido, teño a visión dalgunhas cousas, pero todo o demais é novo para o meu. Novo, pero bo, os cambios foron favorables, de acordo ao que eu vira. Contáballe a unha prima miña que iamos camiñando de Oiras a Ferreira e Mondoñedo a pé e os camiños eran malos ou non había e agora por onde queira hai estradas que che levan a non sei onde. Aquí mesmo, en Alfoz, a escola que hai grandísima, unha casa de cultura, piscina. Formidable, foron cambios pero para ben.

 

-¿Nestes anos o proceso en Cuba como foi?

-Bo. alí hai bastante limitación en moitas cousas, pero bo, aí estamos.

 

-¿É fácil vivir?

-Creo que a vida non é fácil en ningures, hai que loitar para vivir, para obter moitas cousas, a non ser sexa privilexiado e naza xa con todo o camiño adiantado. polo demais, a vida é de sacrificios. Nós estamos ben.

-Ademais é tesoureira de Fillos de Val de Ouro na Habana, unha sociedade con moita historia

-En setembro cumpre 107 anos. Ten 300 socios, deles 209 son galegos ou descendentes de galegos, pero os nativos de Galicia quedan poquitos, non chegan a catro. A miña filla é socia. Eu son cidadá española, empadroada en Alfoz, polo tanto son de Alfoz e voto cando hai eleccións.

 

-Na Sociedade a que se dedican

-(...) Hoxe en día temos actividades relacionadas con cultura; hai unha festa infantil, o 12 de xullo, onde os nenos bailan, cantan, vístense cos traxes galegos, van meigos, pallasos, unha festa que se celebra nos salóns do centro galego da Habana; antes de vir para acá celebramos o Día das Letras Galegas, con lectura de textos en galego, incluiso hai quen dá clases en galego, lese, cántanse cancións galegas tócase música galega e en setembro, cando chegue celebraremos o aniversario da sociedade. É unha asociación onde nos reunimos, compartimos entre todos e temos un panteón no cemiterio da Habana, coidado e atendido, e os socios e familiares que o requiren alí entérranse (...)

 

-É fácil o día a día

-Bo...Normal, como sempre, levamos 50 anos pasando algúns traballos, polo demais....ben.(...) O medicamento e a escola é gratuíta.

 

-¿Que lle parece ser a pregoeira este ano?

- Colleume de sorpresa, o castelo coñézoo porque o vin, pero da historia de Pardo de Cela estou a documentarme agora, pero rememorar os feitos de tempos atrás e gardalos é moi importante. Os galegos en Cuba xamais esqueceron a súa terra; ata o último día estiveron a falar diso e facendo que os fillos e os netos sempre a recordasen aínda que nunca a viron. O meu pai falaba dos percorridos, de coidar os animais, do clima duro, de ter que ir dun lado para outro, pero os recordos da mocidade nunca son malos, falaba da festas (...). Ningún emigrante esquece nunca.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas