GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Carlos Sixirei: «Deberiamos preservar moito máis o noso patrimonio indiano»

(14/07/2014)

Carlos Sixirei: «Deberiamos preservar moito máis o noso patrimonio indiano»

O especialista falou sobre a influencia indiana en Ribadeo e A Mariña

 

Escrito por:

12 de xullo de 2014 

 

 

 

Carlos Sixirei é profesor de Historia de América na Universidade de Vigo e fixo ao longo da súa carreira numerosos traballos sobre a emigración. Onte deu unha charla sobre «A influencia dous indianos na Mariña lucense» co gallo da celebración da festa indiana. Onte tamén falou para La Voz.

 

-Centrou a súa charla na influencia e as pegadas dos indianos.

-Si, na emigración ao norte de Galicia a finais do século XIX e principios do XX e na transformación que isto causou na paisaxe urbana.

 

-¿En que aspectos influíron os indianos na historia social de Galicia?

-Na economía, sociedade, no crecemento urbano, nas aptitudes políticas, cultura,... en campos moi diversos e sobre todo en todos os aspectos do desenvolvemento da Galicia contemporánea.

 

-¿Cre que os galegos descoñecen o seu pasado e o seu legado indiano?

-Hai un proceso de desmemorización colectiva moi voluntaria por outra banda. Non teñen a culpa as institucións públicas nin moito menos se non que máis ben é un problema de desinterese da xente por coñecer o seu pasado e por querer recordalo. Se España fose consciente de que foi un país no que houbo moita emigración e reflexionasen na situación presente na que volve haber moita emigración, non habería casos de xenofobia nin xente que dixese que aquí non cabe máis xente.

 

-¿Queda moito patrimonio americano hoxe en día non só en Ribadeo, sinó en xeral na comarca da Mariña?

-Si, queda moito patrimonio sobre todo en forma de vivenda. O problema é que agora a maioría están en mans de herdeiros que non queren ou non poden mantelas e non sendo conscientes do valor cultural e patrimonial que teñen déixanas abandonadas ou as venden. É unha pena porque o legado indiano de Galicia é o segundo de maior importancia do país e Ribadeo é un caso especial porque hai edificios verdadeiramente destacados, e non hai recursos para mantelos e conservalos.

 

-¿É beneficioso que se realicen este tipo de festividades como a festa indiana que se celebra en Ribadeo?

-Polo menos para chamar a atención do valor que ten este patrimonio e contribuír para que se cre unha conciencia social da necesidade de mantelo dentro das posibilidades económicas.

 

-¿Podería dicirnos en que está a traballar agora mesmo?

- Nunha historia de Brasil, pero curiosamente non ten nada que ver coa emigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas