GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os fillos de inmigrantes sofren a mesma discriminación que os de españois

(14/07/2014)

Os fillos de inmigrantes sofren a mesma discriminación que os de españois

 

lainformacion.com

venres, 11/07/14


Madrid, 11 xullo (EFE).- Os fillos de inmigrantes en España alcanzan a mesma situación social que os de españois e os episodios de discriminación que sufriron son tamén similares: o 5% afirma ter vivido algunha experiencia discriminatoria, unha porcentaxe comparable ao dos nativos.


Os fillos de inmigrantes sofren a mesma discriminación que os de españois


Madrid, 11 xullo (EFE).- Os fillos de inmigrantes en España alcanzan a mesma situación social que os de españois e os episodios de discriminación que sufriron son tamén similares: o 5% afirma ter vivido algunha experiencia discriminatoria, unha porcentaxe comparable ao dos nativos.

Son datos do estudo "Crecer en España: actitudes, desempeño e integración dos fillos de inmigrantes" presentado hoxe pola Obra Social "a Caixa", elaborado a partir do testemuño de 7.000 menores de entre 12 e 17 anos en Madrid e Barcelona en 2008 e catro anos máis tarde (entre 2011 e 2012) 4.000 deles foron de novo entrevistados.

O estudo, no que tamén foron enquisados preto de 1.500 fillos de españois e 1.800 pais dos adolescentes da mostra orixinal, fai unha radiografía da integración dos fillos de inmigrantes, examinando a súa identidade e autoestima, as súas experiencias de discriminación, os seus logros educativos e a súa participación no mercado laboral.

O 78,4% dos fillos de inmigrantes non rexistra ningún indicador de integración problemática aos 18 anos, unha cifra similar á obtida a partir dos testemuños dos españois (o 76,5%).

A metade identifícase como español (o 49,4% dos que residen en Madrid e o 46,9%, en Barcelona), pero hai diferenzas: aos 18 anos, o 81,5% dos nacidos en España de pais estranxeiros identifícase co país, pero a cifra cae ao 40% no caso dos que foron traídos a idade temperá.

Con respecto á primeira enquisa de 2008, crece nos nacidos no estranxeiro a identificación con España entre a adolescencia temperá e tardía: en 2008 só o 22,1% se sentía español mentres que en 2012 esa cifra se duplica ata o 43,1%.

Os datos revelan que as percepcións de discriminación entre os fillos de inmigrantes "son moi escasas", xa que aos 18 anos, "só" o 5% declarou tela sufrido "algunha ou moitas veces", unha cifra "practicamente idéntica" á dos de españois (6,1%).

No caso dos pais, un de cada catro afirma ter sido discriminado.

A cifras revelan, segundo o informe, un proceso de adaptación "xeralmente positivo" e unha "converxencia" psicolóxica e cultural entre os fillos de inmigrantes e os de nativos.

Neste sentido, apunta que o status socioeconómico, así como crecer en familias nas que os dous proxenitores están presentes e, de forma especial, as boas relacións entre pais e fillos na adolescencia temperá reducen as experiencias de discriminación en anos posteriores.

Respecto ao ámbito educativo, nos catro anos transcorridos dende a primeira e a segunda mostra, só o 15% abandonaron os estudos, un resultado que queda desviado pola "elevada" porcentaxe (o 32%) dos fillos de chineses que deixan o sistema educativo.

Así mesmo, a nota media é inferior á dos españois: 6,15 fronte a 6,54.

Máis dun terzo dos matriculados tratan de completar a Educación Secundaria, ou programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI), en tanto que o 44,1% está matriculado en Bacharelato ou Formación Profesional Superior, e o 4,7% xa accedeu á universidade.

O coñecemento do español mellora a media académica no 3% pero o "máis importante" corresponde á ambición do estudante, que está influída tamén polas expectativas familiares, que aumentan nun 6% as notas académicas dos fillos.

Malia que as rapazas inmigrantes obteñen mellores notas, a súa autoestima é máis baixa que a dos rapaces.

O 87,4% dos pais está moi satisfeito coa educación que reciben os seus fillos en España e opinan que terán as mesmas oportunidades de prosperar que os nativos (o 90,8%) e o 85% espera que os seus fillos sigan vivindo no país.

En canto ao emprego, o 12% dos menores inmigrantes entrevistados traballan (o 22,5% faino a tempo completo), e o 9,1% dos nativos, cifras que son baixas debido ao alto nivel de permanencia no sistema escolar.

Dos mozos inmigrantes que traballan, o 52,2% faino sen contrato e o 73,6% percibe menos de 600 euros mensuais, uns datos que non rexistran diferenzas significativas con respecto aos fillos de españois: o 53% traballa sen contrato e o 85,7% recibe menos de 600 euros ao mes.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas