GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha exposición recorda a historia dos emigrantes lucenses en Arxentina

(11/07/2014)

Unha exposición recorda a historia dos emigrantes lucenses en Arxentina

 

El Progreso

10/07/2014 - Galiciaé / Axencias

A colaboración entre a Rede Museística Provincial de Lugo e varios colectivos de emigrantes retornados, coa axuda dun equipo multidisciplinar de investigadores, permitiu confeccionar a exposición Culturas en Diálogo que desde esta tarde mostra unha parte da historia dos emigrantes lucenses a Arxentina.

A exposición quedou aberta ao público na sala de mostras do Pazo de San Marcos -sede da Deputación Provincial de Lugo- polo cónsul xeral do Consulado da República Arxentina en Vigo, Roberto E. Gudiño, e o delegado de Cultura da institución provincial, Mario Outeiro, acompañados por membros das entidades colaboradoras.

Aparte dos profesionais da Rede Museística Provincial, na confección desta mostra participaron membros das asociacións de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses e do Tango Club Galicia.

Os promotores da exposición aseguran que é o resultado de varias liñas de actuación, que abarcan a "investigación, a documentación, a conservación, a didáctica, a difusión e a creación", mediante un "programa de museoloxía social que formula un traballo de arqueoloxía emocional entre Lugo e Arxentina".

Mario Outeiro destacou na inauguración da mostra que esta exposición é "unha oportunidade única para coñecer a historia da emigración lucense e a vida dos nosos emigrantes nas terras ás que se viron obrigados a viaxar, en busca de traballo e dunha vida mellor".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas