GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mandianes: 'A volta ao país de orixe é outra emigración'

(08/07/2014)

Mandianes: 'A volta ao país de orixe é outra emigración'

 

 

O antropólogo ourensano reflexiona sobre a soidade da diáspora en "Viaxe sen retorno"

A Rexión
Sonia Torre 07/07/2014



Algunhas viaxes inícianse só con billete de ida pero coa vista posta, mesmo antes da partida, na viaxe de volta, aínda que este na maioría dos casos, non se producirá xamais. Esa é a propia esencia da emigración que tan ben coñece a provincia de Ourense, que en décadas do século pasado viu afastarse aos seus veciños en dirección a América, primeiro, e logo a Europa. Son ese "Viaxe sen retorno" que acaba de publicar o antropólogo e emigrante ourensano Manuel Mandianes.

"Empecei a investigar hai moitos anos a raíz da miña propia experiencia, fun dalgún xeito observador e observado", explica Mandianes, quen subliña que este libro non busca datos, nin estatísticas, nin números, senón que indaga e revolve nas propias esencias do que supuxo e supón a marcha forzosa dos emigrantes.



Investigación

"Estudei todo o proceso da emigración. Dende que nace a idea de irse, con todas as ilusións que engloba e cun país, o de destino, que se mitifica e compara co paraíso; a preparación da propia viaxe; acompañei moitos na véspera desa partida, coa incerteza de non saber onde vas; todo ata a chegada a un lugar que descobres que nada ten que ver co paraíso, onde logo resulta máis doado o fracaso que o gran triunfo económico. Acompañeinos no sono de volver, onde o pobo que deixaron atrás é agora o paraíso e que, cando volven, descobren que a imaxe que gardaron tanto tempo xa non se corresponde con nada, porque ese lugar cambiou e as persoas que deixaron atrás ou non están, ou tampouco son as mesmas", explica Mandianes.

Máis de 15 anos recollendo testemuños, falando con miles de persoas, analizando outros estudos, escoitando, deron lugar a este traballo que Mandianes define como "un retrato espiritual da persoa".

O antropólogo ourensano destaca que falamos moito nos últimos tempos do que lles sucede aos emigrantes que chegan á nosa terra, pero moi poucas veces se conta o que os nosos emigrantes pasaron nos países aos que chegaron. Os medios decátanse desas persoas, pero moi poucas veces da traxedia interna" dos problemas físicos.

Mandianes tamén destaca que para aqueles que lograron volver, o retorno non supuxo máis que "unha segunda emigración, porque se encontraron cun país totalmente diferente. Cando estiven en Alsacia, a xente maior que xogaba alí ás cartas tiña a idea de que España estaba nas mesmas condicións que cando se foran. Ao regreso encontrábanse cun país que non era co que soñaran. A emigración é a fonte dunha profunda soidade, á ida e á volta,".

Destaca o autor deste libro, "Viaxe sen retorno", unha frase que lle dixo un emigrante e que lle quedou gravada: "A emigración encheu de diñeiro as sucursais de moitas caixas, pero encheu de merda as nosas vidas".

Aínda que nunca nada é dunha soa cor. Así que o fenómeno migratorio tamén tivo os seus efectos positivos. "Por suposto, ademais xa dos beneficios económicos que trouxeron para os seus países, os que emigraron tamén tomaron contacto cunha mentalidade nova, diferente, e axudaron a renovar os seus países aplicando aquí moitas cousas que aprenderon nestes outros lugares".

Manuel Mandianes percorreu dende moi novo moito mundo e viviu en Burgos, Lisboa, Colombia, Francia, e agora repártese entre Barcelona e Galicia, a súa terra. Sabe que é a emigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas