GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Dispárase a saída de españois un 38%: case 80.000 emigraron en 2013

(01/07/2014)

Dispárase a saída de españois un 38%: case 80.000 emigraron en 2013


Expansión.com /30.06.2014 / M. G. Maio.

 

A incipiente recuperación aínda non se nota nos fluxos migratorios. 2013 foi o ano con maior saída de emigrantes de España durante a crise. En total, 79.306 persoas, o que supón 22.039 persoas (un 38,5% máis) por enriba que un ano antes, segundo anunciou o Instituto Nacional de Estatística. Entre estranxeiros e nacionais, máis de medio millón de persoas marcharon.

Fonte: INE

O organismo estatístico calcula que das 547.890 persoas que marcharon ao estranxeiro o ano pasado 79.306 (un 14,5% do total) eran españolas. "E destas 52.160 naceran en España", asegura. Polo tanto, a maioría (o 85%, 468.584), eran estranxeiros que regresaban aos seus países ou buscaban un novo destino.

Os españois principalmente fóronse a Ecuador, Reino Unido e Francia. "Cabe destacar que no caso de Ecuador se trata, fundamentalmente, de poboación non nacida en España ou de nenos menores de 15 anos, o que parece indicar unha migración de retorno de ecuatorianos de orixe que adquiriron a nacionalidade española xunto cos seus fillos nacidos en España", asegura o organismo estatístico.

A maioría dos emigrantes foron homes (53,7% fronte ao 46,3% de mulleres). "Por idades, obsérvase que a emigración de españois se concentra nos grupos de 20 a 49 anos e tamén no grupo de cero a catro anos", engade. En conxunto, o saldo migratorio dos españois co exterior viuse reducido respecto ao ano anterior, ata alcanzar os -45.913.

 

E os estranxeiros?

En canto aos estranxeiros, rexistraron un saldo migratorio de -210.936 persoas. En concreto, o ano pasado a poboación estranxeira que emigrou a outros países creceu un 20,4% respecto ao ano 2012, mentres que a inmigración estranxeira se reduciu un 5,4%. Quen se foi? Pois as nacionalidades predominantes foron a romanesa (69.669 emigracións) e a marroquí (52.483) que son, ademais, as nacionalidades maioritarias entre a poboación estranxeira residente. "A emigración de estranxeiros concentrouse en poboacións de 25 a 44 anos, con maior proporción de homes," asegura o INE.

 

Menos poboación

Estos datos poñen de relevo unha caída da poboación por segundo ano consecutivo. En concreto, España perdeu 220.130 habitantes en 2013, cando rexistrou 46.507.760 cidadáns.

"O descenso poboacional durante 2013 foi froito dun saldo vexetativo (nacementos menos defuncións) positivo de 36.719 persoas e dun saldo migratorio negativo de -256.849 persoas (rexistráronse 291.041 inmigracións procedentes do estranxeiro, fronte a 547.890 emigracións con destino ao estranxeiro) ", engade. É dicir, aínda que seguiron chegando inmigrantes (case 300.000) saíron máis persoas.

En concreto, a poboación estranxeira reduciuse en 396.658 persoas (un 7,82%) ata situarse en 4.676.022, " debido ao efecto combinado da emigración e da adquisición de nacionalidade española".

As comunidades que máis poboación perderon en termos relativos foron: A Rioja (un 1,2%, 3.810 en total), Cataluña (un 0,92%, é dicir, 69.052 persoas menos) e Castela e León (un 0,9% menos, 22.763 persoas).

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas