GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mazaricos e Costa do Marfil volven estreitar os seus lazos

(25/06/2014)

Mazaricos e Costa do Marfil volven estreitar os seus lazos

A Festa Africana celebrarase o 5 de xullo no colexio da Picota

 

Mazaricos volverá estreitar os seus lazos co continente africano e, en concreto, con Costa do Marfil, o sábado 5 de xullo. Este día terá lugar a sexta edición da Festa Africana que organiza anualmente a Asociación de Cooperación Exterior Égueire, co fin de solicitar apoios para un ambicioso proxecto de inserción laboral que están a levar a cabo na rexión marfileña de Grand Lahou. A edición deste ano terá lugar, por primeira vez, nas instalacións do colexio da Picota despois de celebrarse en anos anteriores no centro de turismo activo Naturmaz.

Así pois, o municipio acollerá unha xornada de convivencia que a convocatoria pasada congregou a máis de duascentas persoas e que dará comezo ao mediodía coa inauguración dunha exposición de fotografías e a proxección dun documental sobre a situación actual do país marfileño e os traballos que no leva a cabo, desde hai case unha década, a asociación Égueire.

 

Anciño solidario

Paralelamente, abrirase un anciño solidario no que os visitantes poderán adquirir a prezos simbólicos distintos produtos artesáns procedentes do continente africano e que habitualmente adoitan ter unha excelente acollida entre os participantes. A partir das dúas da tarde dará comezo o ágape no que se servirán distintos pratos da gastronomía marfileña preparados por persoas chegadas exclusivamente desde o país africano para participar na celebración.

Na edición do pasado ano os comensais puideron gozar de distintas variedades de arroz, do attieke, sémola de mandioca moi habitual nas mesas marfileñas, que se acompaña con distintas salsas picantes e de bebidas como o bisap ou o tamarín, que se obteñen das flores das plantas do hipisco e do tamarindo. Tampouco faltou entón o tradicional churrasco aínda que aderezado ao estilo africano.

As persoas que non poidan asistir á celebración tamén poderán colaborar

A asociación Égueire está a pór en marcha un proxecto educativo no sur do país para que os adolescentes poidan formarse laboralmente e ter así máis posibilidades de traballo no seu propio país. De feito, varios mozos da rexión formaranse durante o próximo curso no Centro de Formación Rural Efa-Fonteboa de Coristanco co fin de transmitir posteriormente os seus coñecementos ao resto da poboación.

 

Un fío de esperanza

Tal e como recoñece Desiré Kouakou, principal impulsor de Égueire e párroco ata o ano pasado de varias parroquias de Mazaricos, toda a axuda que se recolle en iniciativas como a da festa africana teñen unha repercusión moi importante para a poboación desta rexión de Costa do Marfil .«O que para nós pode parecer insignificante, para moitos mozos do meu país é un fío de esperanza para garantirse un futuro mellor. Un porvir ao que nós queremos axudar facilitándolles formación», engadiu Kouakou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas