GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo enxalza o papel da diáspora galega en Alemaña

(25/06/2014)

Feijóo enxalza o papel da diáspora galega en Alemaña


Destaca os vínculos que se estableceron grazas á emigración // Se reúne hoxe co responsable do porto de Hamburgo

 

 

EFE BERLÍN / El Correo Gallego | 23.06.2014 |

 

 


O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, destacou hoxe en Hamburgo (norte de Alemaña), o papel dos emigrantes galegos en Alemaña polo seu labor na construción dunha Galicia máis universal.

O presidente da Xunta cominou do mesmo modo aos máis de 16.000 galegos censados en Alemaña a converterse en "embaixadores do noso país, faros da nosa cultura e profetas da nosa terra,".

Núñez Feijoo fixo estas declaracións durante a clausura da exposición "Galicia, pórtico universal", dedicada á promoción de Galicia no exterior e que se puido visitar estes días no porto da cidade alemá.

A mostra "é unha homenaxe á Europa universal que hai doce séculos comezamos a construír cos nosos movementos como pobo" manifestou o presidente da Xunta, quen considerou que foi en torno á emigración e ao Camiño de Santiago como se forxou o espírito europeo.

Núñez Feijoo encóntrase en Alemaña nunha viaxe que se prolongará ata o próximo martes e cunha axenda centrada nos ámbitos económico, turístico e cultural.

Mañá reunirase no concello de Hamburgo co alcalde da cidade hanseática, Olaf Scholz, antes de dirixirse ao porto onde se encontrará co seu director, Wolfgang Huertienne.

O presidente finalizará a xornada presidindo un acto de presentación de Turismo de Galicia.

O martes, a representación galega trasladarase a Wolfsburgo (norte de Alemaña) para visitar a fábrica de automóbiles Volkswagen.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas