GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España rexistra só o 1 % das peticións de asilo da UE

(18/06/2014)

España rexistra só o 1 % das peticións de asilo da UE

Ao longo de 2013 solicitaron amparo 4.502 refuxiados, a maioría cidadáns sirios e malianos que foxen da guerra

 

 

 

Os inmigrantes evitan España como destino da Unión Europea no que solicitar o seu dereito de asilo. Así o reflicte o informe A situación das persoas refuxiadas en España, elaborado pola Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR).

Segundo Nuria Díaz, a portavoz desta oenegué, pedir asilo en España é «unha carreira de obstáculos». De feito, a pesar de que se incrementaron, só supoñen o 1,03 % das rexistradas nos 28 países da UE.

O documento sinala que só 4.502 refuxiados solicitaron amparo ante as autoridades españolas o ano pasado, case o dobre das 2.588 persoas que o fixeron no 2012.

Este aumento responde ao maior número de peticións presentadas por cidadáns de Siria e Malí que foxen das guerras civís que arrasan os seus respectivos países. Así, en 2013 chegaron a España 1.478 sirios e 725 malianos que pediron protección. Outros dos países con maior número de solicitantes foron Alxeria (351), Nixeria (182), Somalia (132), Palestina (130) ou Paquistán (102).

 

Menos do 20 %

Segundo o informe, a cifra de persoas que logran pedir protección na UE «non chega á metade» do número de cidadáns refuxiados en países pequenos como Líbano, que acolle a preto dun millón de desprazados do conflito sirio, e as que o conseguen en España son menos do 20 % das solicitadas. As peticións, admitidas a trámite foron o 22 %. Delas de 206 recibiron o estatuto de refuxiado, e 376 protección baixo outras fórmulas. En total o 16,83 %. As solicitudes denegadas foron 1.251.

Madrid foi, un ano máis, a primeira provincia onde se presentaron máis solicitudes de asilo, seguida de Valencia (401), Barcelona (342), Ceuta (321) e Almería (244).

 

«Culpables» da crise

Os representantes de CEAR denunciaron que Interior converteu aos solicitantes de asilo en culpables da situación de crise e paro en España. «O Goberno utiliza esta estratexia para que non se saiba que a responsabilidade da crise está arriba, aínda que sexan os de abaixo os que se levan os sopapos», denunciou o presidente desta organización, Carlos Berzosa.

Tamén en materia de estranxeiría a defensora do Pobo, Soledad Becerril, referiuse onte á situación dos centro de internamento de estranxeiros (CIE). Denunciou deficiencias nestas instalacións, especialmente na atención sanitaria. «Sempre hai algunha deficiencia e melloras que facer», recoñeceu.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas