GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España fretou 148 voos de repatriación para deportar a 3.111 inmigrantes

(18/06/2014)

España fretou 148 voos de repatriación para deportar a 3.111 inmigrantes

Durante o 2013 aumentaron as expulsións de estranxeiros en situación irregular mentres se reduciron as de delincuentes

 

Así mesmo, fretou mediante a Comisaría de Estranxeiría e Fronteiras 15 voos internacionais en solitario, que levaron a 648 inmigrantes a Nixeria, Senegal, Ghana, Mauritania, Colombia, Ecuador e República Dominicana en distintas datas do ano pasado. Todos saíron de Madrid e sete fixeron escala en Tenerife, As Palmas e Málaga.No entanto, o grupo maior de voos foi o que organizou o Ministerio do Interior para deportar inmigrantes a Marrocos vía Ceuta. O ano pasado fretáronse 89 avións desde Madrid que tras facer escala en Xerez, Alxeciras ou Barcelona acabaron na cidade autónoma. Deste xeito expulsouse a 1.807 inmigrantes.

A mesma práctica seguiuse en Melilla. Interior fretou ao longo do ano 26 voos que deportaron a 210 persoas por esta cidade autónoma, tras saír de Madrid e facer escala en Almería, Barcelona ou Xerez, segundo o pormenor de datos que ofrece o Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura. A Comisaría de Estranxeiría e Fronteiras sérvese así mesmo de barcos para executar deportaciones, en concreto, as dos cidadáns alxerinos. 779 persoas foron trasladadas así en 79 barcos ata o país magrebí, 198 na ruta Alacante/Orán; 552 na de Almería/Ghazaouet e 29 na de Almería/Oran.

Unha delegación do MNP viaxou nun dos voos de repatriación con destino Quito/Bogotá, que deportaba a 35 ecuatorianos e 56 colombianos. O informe detalla que non se produciron incidentes, aínda que indica algunhas deficiencias, como a falta de recoñecemento médico de todos os repatriados, a ausencia de equipos de reanimación no avión ou a falta dun lugar adecuado para cachear a estas persoas e esperar con elas ao embarque. O ano pasado a Dirección Xeral de Policía rexistrou seis incidentes en voos de repatriación e tres nos barcos con destino a Alxeria, todos por resistencia da persoa que ía ser deportada, segundo apunta o informe.

Máis deportados por estar «sen papeis»

O traballo do MNP destaca que o ano pasado executáronse 13.986 repatriacións de inmigrantes, das que 5.002 foron devolucións de persoas interceptadas en postos fronteirizos non habilitados. Ademais, expulsouse a 1.402 persoas cuxo único delito foi a estancia irregular en España, un 6,13% máis que en 2012, mentres se reduciu un 13,93% a expulsión de delincuentes estranxeiros, as chamadas «expulsións cualificadas», ata os 7.582 casos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas