GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Alfonso Rueda fala de impulsar a representación da muller e a xuventude nas comunidades do exterior

(16/06/2014)

Alfonso Rueda fala de impulsar a representación da muller e a xuventude nas comunidades do exterior

 

Redacción, Santiago | 13 Xuño 2014 - Crónicas da Emigración

El vicepresidente de la Xunta saludó uno por uno a los miembros de la Comisión Delegada.

O vicepresidente da Xunta saudou un por un aos membros da Comisión Delegada.




O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron na mañá deste venres no acto de clausura da reunión anual da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, máximo órgano de representación e reflexión entre plenarios do Consello, que tivo lugar na Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde reflectiron a aposta da Xunta por impulsar a representación da muller e da xuventude no seo destas comunidades.

No acto de clausura, Rueda destacou que o futuro da Galicia exterior está na unión e na participación das mulleres e da xuventude en postos de dirección, e polo tanto de decisión, dentro dos centros galegos. As mulleres comezan a estar máis visibles nos órganos de dirección dos centros das comunidades galegas, así como os máis novos que achegan dinamismo, ilusión renovada e renovados coñecementos fronte á experiencia e serenidade de xeracións anteriores, apuntou o vicepresidente.

Xusto antes da clausura polo vicepresidente, a Comisión estudou o informe sobre as actuacións a levar a cabo en materia de muller e xuventude. En palabras do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, "a análise das posibilidades de actuación nestas dúas materias son de especial relevancia".

"Por unha parte -dixo o secretario xeral-, para dar visibilidade ao importante papel das mulleres na diáspora galega, tanto no pasado como na actualidade, pois na medida que as comunidades galegas aumenten a representación feminina se achegarán á súa propia composición real societaria. E, en canto á xuventude, o relevo xeracional nesas comunidades unicamente se pode garantir mediante unha axeitada incorporación, presenza e corresponsabilidade na toma de decisións por parte das xeracións máis novas".

Esta filosofía foi plenamente compartida polos membros da Comisión, que se comprometeron a trasladar o informe e as súas recomendacións ante as súas propias comunidades, e no seu ámbito territorial, coa finalidade de dar impulso ás iniciativas que favorezan un maior desenvolvemento da muller e a xuventude nos respectivos órganos de representación.



Plan de Emigración 2014-2016

Antes da análise destes dous aspectos fundamentais para o presente e o futuro na organización das comunidades galegas no exterior, persoal directivo do departamento que dirixe Miranda presentou ante os membros da Comisión Delegada o Plan Integral de Emigración 2014-2016, recentemente aprobado polo Consello da Xunta. Este Plan, entre outros aspectos destacables, blinda o investimento en materia social para os colectivos da diáspora en situación máis precaria, aspecto fundamental na acción de goberno no Executivo galego.

A Comisión recibiu ao longo destas dúas xornadas a visita do novo reitor da USC, Juan Viaño; da xerente da Axencia de Turismo de Galicia, Lameira Castro; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do seu homólogo de Cultura, Anxo Lorenzo; e do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.



Membros da Comisión

Forman parte da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas catorce membros en representación de cada entidade, auténtica depositaria da representación. Destes 14 membros, 12 son electos (catro en representación da diáspora en España, catro da de Europa, e catro da de América) e dous natos: o Centro Galego de Bos Aires e a Casa Galicia de Montevideo.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas