GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Comisión Delegada espera este venres a visita de Alfonso Rueda

(13/06/2014)

A Comisión Delegada espera este venres a visita de Alfonso Rueda



E.F., Santiago | 12 Xuño 2014 - Crónicas da Emigración



A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, reunida en Santiago de Compostela, espera mañá venres a visita do vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, quen noutras ocasións xa aproveitou a reunión celebrada polos representantes da emigración para manter un encontro con eles neste mesmo foro.

As sesións de traballo do día de hoxe están a ser presididas, como vén sendo habitual, polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a quen acompañan o seu xefe de Gabinete, Ildefonso de la Campa; o subdirector xeral de Xestión Orzamentaria e Retorno, Juan Carlos Bustos; e o subdirector xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Ramón Bringos.

A lista dos 14 integrantes da colectividade que viaxaron a Santiago en representación dos centros e entidades asociativas de todo o mundo, intégrana Álvaro Moreira Muiños, de Xuventude de Galiza, Centro Galego de Lisboa; Alejandra Plaza Rodríguez, do Centro Cultural Galego de Frankfort del Meno; Ernesto Lagarón Vidal, de Agrupación Cultural Saudade; José Ignacio Paz Bouza, do Centro Galego de Salamanca; Pilar Rodríguez Villar, de Agrupación Fillos de Galicia de Sestao; Raimundo Alfredo Otero, do Lar Gallego de Sevilla; Miguel Palomo López, do Centro Galego de Bruxelas; María de los Ángeles Rodríguez Sarmiento, da Irmandade Galega de Venezuela; Jorge Torres Cantalapiedra, do Centro Galego de Montevideo; Beatriz Carballo Regueira, da Asociación Unión do Partido Xudicial de Ordes, Cultural e Recreativa; Enrique F. Repiso Muriedas, da Sociedade Cultural Rosalía de Castro, de Cuba; Marta Dosión de Ferreiro, do Centro Galego de Bos Aires; e Cándido Lois García, de Casa de Galicia de Montevideo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas