GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Case 31.000 persoas emigraron no último ano de Galicia

(13/06/2014)

Case 31.000 persoas emigraron no último ano de Galicia

Cambia a tendencia do 2012 e márchanse máis persoas das que chegan, tanto do estranxeiro como do resto de España

 

 

 

Ningún parámetro evita cualificar a Galicia de novo como terra de emigración, polo menos a tenor dos datos que acaba de difundir o Instituto Nacional de Estatística (INE), nos que cifra en 30.709 o número de persoas que no último ano abandonaron a comunidade e en 27.876 o volume de altas. Dese xeito o saldo resulta negativo para Galicia en 2.833 persoas, ao ser deficitaria a comparación entre os movementos migratorios co resto das comunidades autónomas do mesmo xeito que co estranxeiro.

Ao contrario do que sucedeu no 2012, cando o volume de chegada de estranxeiros paliou a marcha de españois residentes en Galicia, nesta ocasión tanto o abandono de estranxeiros como a de galegos é superior ás altas de ambos os colectivos no censo da comunidade.

O saldo interior, o resultado de restar a emigración de residentes en Galicia a outros puntos de España da chegada de persoas doutras comunidades, resulta negativo en 362 persoas, segundo o INE, que apuntaba no 2012 que ese parámetro era positivo en 814 novos residentes. No caso do saldo exterior, tamén é negativo en 2.471 persoas, fronte ao aínda positivo do anterior exercicio de 432 persoas.

No conxunto de España o saldo migratorio total é negativo tamén, como ocorrese no 2012, pero multiplicando a súa magnitude. Da caída en 6.534 persoas que entón se produciu por unha emigración de españois maior que a chegada de nacionais ou estranxeiros, agora pásase a perder 111.153, nesta ocasión por unha fuga masiva de cidadáns doutros países, aínda que son tamén 37.000 mil máis os españois que se foron ao estranxeiro que os que regresaron.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas