GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Beatriz Mato asegura na Habana que "os mozos son o futuro da sociedades galegas en Cuba"

(09/06/2014)

Beatriz Mato asegura na Habana que "os mozos son o futuro da sociedades galegas en Cuba"



Feliberto Carrié / Redacción, A Habana | 08 Xuño 2014 - Crónicas da Emigración



Los jóvenes descendientes de gallegos llenaron el salón donde se celebró el Encuentro.

Os mozos descendentes de galegos encheron o salón onde se celebrou o Encontro.


A conselleira de Traballo e Benestar da Xunta, Beatriz Mato, afirmou no Centro Galego da Habana, ante un grupo de mozos descendentes de galegos na capital cubana, que "os mozos son o futuro das sociedades galegas en Cuba". A conselleira, acompañada polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou o I Encontro de mozos españois descendentes de galegos, onde animaron á xuventude galega en Cuba a emprender e se comprometeron a impulsar proxectos xuvenís entre Cuba e Galicia. Este acto contou coa presenza do embaixador de España en Cuba, Juan Francisco Montalbán Carrasco; o cónsul xeral, Tomás Rodríguez-Pantoja; e o agregado-xefe da Oficina Laboral, Jesús Chacón.

A titular de Traballo animou os máis de 150 mozos galegos que participaron no Encontro a emprender e participar en asociacións xuvenís en Cuba, así como a compartir proxectos con organizacións xuvenís de Galicia no marco do programa europeo 'Erasmus + '. Neste sentido, Mato comprometeuse a impulsar proxectos que poidan xurdir desta posible colaboración co obxectivo de contribuír "á educación non formal a ambos os dous lados do océano".

Así mesmo, a conselleira sinalou que a mobilidade e o intercambio de experiencias con mozos doutras rexións e países contribúen ao desenvolvemento entre a xuventude de valores como a convivencia, a tolerancia o traballo en equipo, entre outros. Neste sentido, deu a coñecer os programas de mobilidade que promove o Goberno galego con Europa e os países hispanoamericanos, e apuntou a súa intención de incrementar estes intercambios co obxectivo de estender "o coñecemento mutuo entre a xuventude galega e cubana e fortalecer os lazos de unión".

Beatriz Mato, ademais, destacou a importancia de que a xuventude galega en Cuba siga alimentando "a galeguidade" na illa, liderando as numerosas sociedades galegas que existen en Cuba, unha actuación que contará, segundo resaltou Mato, co apoio da Xunta. "É importante que os mozos estean preparados para tomar o relevo das xeracións actuais e liderar os centros e sociedades galegas no exterior", subliñou.

Resaltou a necesidade de promover o voluntariado ao fomentar a solidariedade, a madureza e a capacidade de inclusión e integración, facendo fincapé no voluntariado que se centra na mellora do benestar das persoas maiores. Neste sentido, indicou que un dos obxectivos da Xunta é promover espazos de solidariedade interxeracional, unha iniciativa que se ofrecerá no futuro Centro de Información Xuvenil da Habana.

Mato díxolles aos alí congregados que Galicia necesita dos mozos galegos en Cuba para continuar o labor que emprenderon os seus antepasados, que sementaron de traballo, exemplo, cultura e vida o seu quefacer en Cuba. "Cuba sodes vós", dixo os descendentes de emigrantes galegos, os cales expresaron as súas emocións polas palabras da conselleira nun posterior diálogo con ela.

Beatriz Mato expresou, ademais, a súa emoción por visitar as instalacións do Centro Galego da Habana, un edificio só comparable coa Catedral de Santiago, e onde se arroupa tanta historia como o Himno, a Real Academia da Lingua Galega e a Bandeira de Galicia.

Pola súa banda, o secretario xeral de Emigración destacou a importancia do papel dos mozos galegos residentes en Cuba, "garantía da continuidade do asociacionismo galego na illa". Rodríguez Miranda fixo fincapé na formación e no voluntariado como eixes fundamentais de traballo neste campo: "A solidariedade forma parte da nosa esencia como pobo. Non debedes esquecer a débeda que tedes cos vosos maiores, acompañalos, poñerlles atención, atendelos, axudar a mellorar a súa calidade de vida, son tarefas esenciais, afirmou o máximo responsable galego en materia de Emigración.

O embaixador Montalbán Carrasco comentou o seu "orgullo" por ver como a Federación de Sociedades Galegas" de Cuba "facilita o achegamento dos mozos descendentes" de emigrantes galegos coas sociedades porque "é a única forma dun futuro", de preservar o universo galaico en Cuba. Asegurou que "con vostedes imos construír un futuro mellor para as tradicións galegas presentes e futura" na Illa.

 

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas