GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lalín atende correos de emigrantes que buscan a familiares

(09/06/2014)

Lalín atende correos de emigrantes que buscan a familiares

O Concello recibe unha media dun por semana, unha cifra moito menor que cando podían pedir dobre nacionalidade

Carlos Presas é responsable do Servizo de Atención ás Migracións (SAMI), que tramita as demandas.

 
 

O Concello de Lalín constitúe, para moitos dezáns que viven na emigración, o seu vínculo de unión coa terra dos seus antepasados. Próbano os centenares de correos electrónicos, e tamén cartas manuscritas, que chegaron nos últimos anos demandando información sobre familiares da zona, e na maioría de casos, sobre quen partiron hai décadas de Lalín cara ao exterior. Na actualidade, fontes municipais sinala que chega unha media dun correo por semana, unha cantidade moi inferior á rexistrada hai uns anos.

Carlos Presas, responsable do Servizo de Atención ás Migracións (SAMI) do Concello lalinense, explica que o descenso se produciu desde que en decembro do 2010 finalizou a opción de obter a dobre nacionalidade para descendentes de emigrantes españois. Naqueles anos viviuse unha época intensa.

En moitas ocasións, o contacto co Concello reclama datos do Rexistro Civil, partidas de nacemento de antepasados, en moitas ocasións da década dos anos 20 do pasado século. «Noutros casos buscan localizar a familiares que están aquí, porque van vir en programas de viaxes para emigrantes, dende Arxentina, Uruguai ou Venezuela nos meses seguintes», explica Presas. Nuns casos, dan bastantes datos sobre a parroquia e familia que deben ter aquí. Noutros, a información é moito menor, e con frecuencia desde o SAMI recórrese aos pedáneos da zona que citan.

Lalín recibe demandas non só de descendentes de emigrantes do municipio, senón de toda a comarca, que identifican a Lalín como o lugar de orixe deles. Chegan sobre todo de Arxentina, e en menor medida de Venezuela, Uruguai e Cuba: neste último caso, practicamente todas por correo ordinario.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas