GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados emprendedores poderán solicitar ata o 30 de setembro as subvencións de Emigración

(06/06/2014)

Os retornados emprendedores poderán solicitar ata o 30 de setembro as subvencións de Emigración


Redacción, Santiago | 05 Xuño 2014 - Crónicas da Emigración




Os galegos retornados que desexan levar a cabo unha actividade emprendedora na comunidade autónoma dispoñen de prazo ata o 30 de setembro para solicitar as subvencións que concede a Secretaría Xeral de Emigración.

Estas subvencións, cun presuposto global de 200.000 euros (catro veces máis que o ano pasado) e un tope máximo de 8.000 euros por solicitude (no caso de muller, menor de 39 anos, e membro dunha sociedade laboral ou cooperativa), son compatibles e complementarias ás axudas establecidas para a poboación galega xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e tamén ás da Consellería de Traballo e Benestar.

Esta consellería presentou o pasado ano 2013 distintas liñas de financiamento, por valor superior aos 25 millóns de euros, para apoiar o establecemento como traballador autónomo ou por conta propia, para apoiar as iniciativas emprendedoras e de emprego, e para incentivar a contratación indefinida de ata tres traballadores.




Loita contra o desemprego

Con estas liñas de subvencións ao emprendedor, o Goberno galego materializa o seu compromiso de apoiar a creación de novas empresas radicadas en Galicia e loitar contra o desemprego.

No caso concreto da resolución de Emigración, preténdese que o retornado aproveite a bagaxe, coñecementos e experiencias profesionais e persoais conseguidos no exterior en beneficio de toda a comunidade, cree novos postos de traballo ao tempo que consolida a súa volta á terra, e mesmo contemple Galicia como destino para o investimento do seu patrimonio.

Esta resolución persegue que o retornado poida beneficiarse desta liña específica de axudas para o seu proxecto de autoemprego ou empresarial, e tamén que lle sirva de reclamo para coñecer as establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar para a poboación en xeral, e tamén as do Igape.

Deste xeito, incentívase que os proxectos que teñan en mente as persoas de volta á comunidade autónoma collan forma canto antes, e axuden á recuperación do tecido económico na Galicia territorial, a través de iniciativas nacidas dentro e tamén fóra do territorio, especialmente aquelas xeradas a raíz de experiencias profesionais no exterior.

Ao mesmo tempo, conséguese engadir viabilidade aos proxectos do galego residente na actualidade fóra da súa terra.



Obxectos da subvención

A iniciativa da Secretaría Xeral de Emigración subvenciona os gastos iniciais que leva consigo o establecemento das persoas emigrantes retornadas ben como traballadores autónomos ou por conta propia, ou ben como socios traballadores de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado. Así, son obxecto de subvención para os destinatarios ata o 80 por cento dos gastos de notaría e rexistro, taxas, licenzas administrativas, servizos profesionais externos, gastos derivados do desenvolvemento e implantación da páxina web e da pasarela de pagamento para a realización de vendas en liña, publicidade e propaganda, primas, de seguros, arrendamento de local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, e subministración de servizos imputables ao desenvolvemento da actividade (tales como calefacción, auga, electricidade, telefonía e internet), xerados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2013 e a finalización do prazo de xustificación recollido nesta resolución.

A contía tope da axuda é de 4.000 euros para autónomos e 6.000 para membros de sociedades laborais ou de cooperativas, con 1.000 euros a maiores se a persoa solicitante ten 39 anos ou menos, e tamén 1.000 máis se a persoa solicitante é muller.

Os requisitos que contempla a resolución é cumprir a condición de persoa emigrante retornada (nacionalidade española e que non transcorrese máis de dous anos dende a volta a España), que teña fixada a súa residencia en Galicia, e que estea dada de alta nalgúns dos réximes da Seguridade Social ou mutualidade do Colexio Profesional que lle corresponda.

 

  • Aquí pódese obter máis información: Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas na Comunidade Autónoma Galega para o ano 2014
  • Folleto informativo: picar aquí para descargar
  •  

     

     

     

     

     

    Novas e Actualidade


    Titulares
    Histórico


     ACTIVIDADES

    Abril 2024
    LMMeXVSD
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930     
           



     AREA DE TÉCNICOS

     Usuario:
     Contrasinal:
     

     
    ¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

    OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

    (c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
    FEGAMPinmigracion@fegamp.es
    Xunta de Galicia

    Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas