GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mato e Rodríguez Miranda desprázanse á Habana para exportar o cooperativismo galego e establecer acordos en materia sociosanitaria

(06/06/2014)

Mato e Rodríguez Miranda desprázanse á Habana para exportar o cooperativismo galego e establecer acordos en materia sociosanitaria

 

 
 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniranse mañá na Habana con membros do Goberno cubano para analizar a implantación do cooperativismo na illa.

A Xunta apoiará á diáspora na atención socio asistencial coa sinatura dun convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Galegas de Cuba.

O Goberno galego reforzará o seu compromiso coa mocidade cubana no 'I Encontro de mozos e mozas españois descendentes de galegos'.

 

 

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014.

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desprazaranse mañá á Habana, en Cuba, para exportar o modelo do cooperativismo galego na illa caribeña, establecer acordos en materia sociosanitaria e para apoiar á mocidade cubana no 'I Encontro de mozos e mozas españois descendentes de galegos'.

Así, Mato e Rodríguez Miranda manterán mañá mesmo un encontro con membros do Goberno cubano para analizar a implantación do cooperativismo galego no modelo cubano. As e os membros do Goberno galego darán a coñecer as políticas que desde a Xunta se impulsaron nos últimos anos para fomentar esta fórmula empresarial, que está a demostrar que é resistente fronte á crise.

Ademais, a mandataria e o mandatario galego manterán unha xuntanza coa directora de Cooperación Internacional da Oficina do Historiador da Habana, Nelys García Blanco, coa finalidade de explorar posibilidades de colaboración de especialistas de Cuba e Galicia. A xornada de mañá rematará cunha reunión co director xeral de Asuntos Bilaterais da Chancelaría cubana, Gerardo Peñalver Portal.

A viaxe continuará o sábado cando a titular de Benestar e o de Emigración visitarán a Sociedade de Protección e Recreo Monterroso e Antas de Ulla e manterán un encontro coas e cos presidentes dos centros e sociedades galegas da Habana na Sociedade Cultural Rosalía de Castro. A Xunta reforzará o seu compromiso cos galegos e galegas da diáspora apoiando a atención socio asistencial das colectividades galegas que residen en Cuba asinando un convenio de colaboración no eido social.

Ademais, o sábado, o Goberno galego reforzará o seu compromiso coa mocidade emigrante e, deste xeito, Mato e Rodríguez Miranda inaugurarán no Palacio do Antigo Centro Galego da Habana o 'I Encontro de mozos e mozas españois descendentes de galegos'.

Esta xornada rematará coa inauguracións por parte da e do mandatarios galego da mostra fotográfica Nós mesmos no Palacio do antigo Centro Galego da Habana.

O domingo porase fin á viaxe institucional cunha ofrenda floral no cemiterio Colón, onde Mato e Rodríguez Miranda visitarán os panteóns de Ferrol e de Ortigueira e unha visita á Asociación Naturais de Ortigueira Sociedade Española de Beneficencia e Protección Mutual.

A comunidade galega de Cuba representa o 6,9 por cento da diáspora galega no estranxeiro. En concreto, e, segundo os datos do Padrón de Españois de Residentes no Estranxeiro (PERE), os galegos e as galegas residentes en Cuba a data 1 de xaneiro de 2014 son 33.222.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas