GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Margallo revela no Senado que só un 2,3 por cento dos emigrantes votou nas europeas

(06/06/2014)

Margallo revela no Senado que só un 2,3 por cento dos emigrantes votou nas europeas

 

Redacción, Madrid | 04 Xuño 2014 - Crónicas da Emigración


García-Margallo.
García-Margallo.


Só un 2,3 por cento dos emigrantes españois con dereito ao voto participou nas eleccións ao Parlamento Europeo do pasado 25 de maio, segundo revelou este martes no Senado o ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, José Manuel García-Margallo.

Na sesión de control ao Goberno no Senado, o ministro sinalou que dos 1,7 millóns de españois residentes no estranxeiro e con dereito ao voto, só 80.927 manifestaron o seu interese en participar nestes comicios, e finalmente votaron 39.531, a maior parte deles por correo, aínda que case 11.000 preferiron o voto presencial.

Margallo achegou estes datos en resposta a unha pregunta do senador de CiU Josep Lluis Cleriés, que se queixou de que só 10.796 cataláns residentes no estranxeiro votaran nestes comicios dun total de 175.000 con dereito ao voto. Para o voceiro de CiU, este dato revela que "a democracia española continúa sen garantir o dereito ao voto".

García-Margallo recoñeceu que o exercicio do dereito ao voto dos emigrantes españois  estase "a xestionar mal" como consecuencia da reforma feita polo anterior Goberno socialista e que introduciu o voto pregado, que obriga os emigrantes a comunicar nun determinado prazo ás oficinas do censo en España o seu interese en votar. O ministro admitiu que o voto pregado "dificulta" a participación nas eleccións dos residentes no estranxeiro.

Non obstante, defendeu as medidas postas en marcha polo seu departamento para intentar favorecer na medida do posible a participación nos comicios, como a apertura permanente das oficinas consulares para facilitar o voto ou a firma de acordos con servizos postais para garantir a gratuidade dos envíos.

A pesar destas explicacións, Cleriés botoulle na cara ao ministro que o seu departamento gaste "máis recursos en desacreditar o proceso catalán que en medidas para garantir o voto" emigrante. E incidiu en que a aspiración catalá a ter o seu propio Estado independente "non" é cuestión de legalidade nin de Constitución senón de vontade política".

O ministro respondeulle que el ten "o máximo respecto" polo pobo catalán, ao que por iso mesmo "hai que dicirlle a verdade". E esa verdade é que unha declaración unilateral de independencia os excluiría "automaticamente" da UE e da ONU.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas