GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ribeira. Os emigrantes manterán as súas protestas polo menos ata setembro

(03/06/2014)

Os emigrantes manterán as súas protestas polo menos ata setembro

Os afectados polas multas de Facenda manifestáronse onte en Ribeira

 

 

As plataformas de emigrantes retornados que se formaron en Barbanza para loitar contra o cobro de multas, atrasos e intereses polas pensións do estranxeiro polas que non se cotizou teñen claro que continuar a pé de rúa, gritando contra o que consideran «un roubo», é o único que pode darlles resultado. Así que, de acordo con afectados de toda Galicia, estableceron un calendario de mobilizacións. Están convocadas protestas polo menos ata o mes de setembro. Onte tivo lugar unha delas en Santa Uxía.

Ás once, como xa é tradición, os emigrantes retornados volveron concentrarse na capital barbancesa armados con distintos obxectos para facer ruído, desde unha vella sirena a cacerolas ou cencerros traídos de Suíza. Hai meses, cando deron comezo as protestas, a maioría dos que acudían non recibiran aínda cartas de Facenda reclamándolles diñeiro polas pensións do estranxeiro. Pero agora as cousas cambiaron. E a maioría dos que suxeitan as pancartas tiveron que desembolsar cantidades importantes de diñeiro polas pagas que cobran do estranxeiro, xa que non cotizaran por elas. Hai quen leva pagados máis de 20.000 euros. Outros, bastante menos. Pero todos están igual de indignados.

Aínda que moitos dos manifestantes, persoas en idade da xubilación, nunca antes saíran á rúa, as protestas que levan encima fixéronlles endurecer o discurso. Onte, oíanse cousas como «ou nos devolven a pasta ou imos pola casta».

Por pasiva e activa, como o levan facendo desde o outono de 2013, os emigrantes retornados insisten en que lles están «roubando descaradamente». Moitos deles indican que no seu día preguntaron en Facenda e dixéronlles que non tiñan que declarar polas súas pensións e que agora se enfrontan ao pagamento de multas e atrasos. Polo tanto, e dado que de momento a súa mensaxe non calou no Executivo de Rajoy, todo o mundo está decidido a seguir adiante coas mobilizacións. Están convocadas protestas para os días 2 de xullo, 4 de agosto e 2 de setembro. A maiores haberá reunións dos membros das plataformas para analizar como avanzan as súas reclamacións ante Facenda.

 

«Devolvédenos a pasta ou imos pola caste», gritaron os emigrantes retornados en Ribeira

Nova mobilización dos pensionistas fronte á delegación de Facenda da capital barbancesa

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas