GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un informe de Facenda pon en dúbida as multas aos xubilados retornados

(02/06/2014)

Un informe de Facenda pon en dúbida as multas aos xubilados retornados

Cren que para que haxa sanción non basta simplemente con que non teña cumprido coas súas obrigacións tributarias, ten que demostrarse que existiu unha intencionalidade pola súa banda á hora de defraudar

 

Escrito por:

31 de maio de 2014 

 

 

 

A asociación que defende aos emigrantes xubilados que perciben pensións do estranxeiro na Costa da Morte recibiu un documento da propia Axencia Tributaria, a modo de subsanación de erros nun expediente concreto, que os representantes do colectivo interpretan como unha lombeirada no seu intento por deslegitimar as multas que lles foron impostas a moitos dos pensionistas.

A grandes liñas, o texto determina que para que un cidadán poida ser sancionado non basta simplemente con que non teña cumprido coas súas obrigacións tributarias, ten que quedar acreditado que existiu unha intencionalidade pola súa banda á hora de defraudar ese diñeiro.

Neste caso a información da que dispuñan os implicados a través das embaixadas, os consulados, os medios de comunicación e a propia Facenda, ademais dos intercambios de datos que puideron realizar entre eles, apuntaban todos no sentido contrario á obrigatoriedade de tributar. E só se pode sancionar «cando se acreditou, mediante proba suficiente, a culpabilidade na actuación do contribuínte», recolle o informe.

Os pensionistas descoñecen as implicacións que pode ter este documento porque, de feito, as multas xa levan meses paralizadas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas