GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta aprobou o Decreto de 'Recoñocemento e Rexistro da Galeguidade'

(26/05/2014)

A Xunta aprobou o Decreto de 'Recoñocemento e Rexistro da Galeguidade'

 

Redacción, Santiago | 23 Maio 2014 - Crónicas da Emigración


Alberto Núñez Feijóo, en la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta.
Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

 

O Consello da Xunta, deste venres, aprobou o Decreto de 'Recoñocemento e Rexistro da Galeguidade', a primeira das normas derivadas da ' Lei de Galeguidade' que desenvolve o seu contido. Esta lei, aprobada pola Cámara autonómica o pasado ano, substituíu a outra similar, de hai máis de 30 anos, que foi pioneira na materia en todo o Estado.

O obxectivo deste desenvolvemento normativo é achegarse, coa maior exactitude, precisión e verosimilitude, á dimensión actual da presenza e actividade das comunidades galegas asentadas en todos os lugares do mundo. Deste xeito, poderase debuxar un mapa social fidedigno da diáspora galega e, deste modo, achegar os recursos públicos en favor dos galegos do exterior dun xeito máis eficaz, eficiente e equilibrado.

Así mesmo, e pola ampliación da tipoloxía das que poden adscribirse ao rexistro, a Administración autonómica achegarase á importante variedade e pluralidade das entidades de cidadáns galegos no exterior, algunhas das cales desenvolven o seu labor en ámbitos, disciplinas ou con obxectivos moi concretos e recollen mesmo novas fórmulas asociativas con soporte en internet, a través das redes sociais e iniciativas similares.

Os requirimentos para o recoñecemento e rexistro da 'galeguidade' implican un seguimento detallado e permanentemente actualizado, por parte da Administración, de tres aspectos fundamentais das comunidades galegas: o nivel real de actividade en distintos ámbitos, a súa masa asociativa e a súa situación económica e viabilidade; sempre respectando o carácter privado de todas elas e, polo tanto, a súa independencia de criterio e decisión.

 

 

Balances

Así, as comunidades que se adhiran ao 'Rexistro da Galeguidade' comprometeranse a presentar anualmente un balance económico e de actividade e sométense á obriga de redactar e cumprir un plan de axuste ' ad hoc' no caso de que o resultado do balance económico sexa negativo. O obxectivo -plenamente compartido pola Xunta e as propias entidades- é previr situacións de tensión presupostaria que puidesen abocar a unha diminución significativa do nivel de prestacións, ou mesmo á desaparición dalgunha das institucións galegas na diáspora.

O decreto outorga tamén maior relevancia aos órganos de representación da diáspora, por canto o recoñecemento da galeguidade dunha comunidade no exterior, ou a revogación desta condición, requirirá o preceptivo informe da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, cuxos socios se escollen directamente.



Co
ntido

O decreto estrutúrase nun título preliminar, dous títulos, dúas disposicións adicionais, unha transitoria, unha derrogatoria e dúas últimas. O título preliminar determina o obxecto do decreto, concreta as materias que se van regular. O título I, ao longo dos seis capítulos dos que consta, regula o procedemento para o recoñecemento e a revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade. O título II ten por finalidade regular o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento.

As disposicións adicionais primeira e segunda regulan o procedemento que hai que seguir para a acreditación dos novos requisitos, por parte das comunidades galegas e dos centros colaboradores, recoñecidas pola normativa anterior. Así, aqueles centros que contaran xa cun recoñecemento de galeguidade quedarán inscritos no rexistro de oficio por parte da Administración, sempre e cando se poida comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos para iso na nova Lei de Galeguidade do ano 2013.

Na norma estipúlase en 20 días o prazo de entrada en vigor da norma, momento a partir do cal -sexa de oficio ou por petición de parte- se abrirá o 'Rexistro da Galeguidade' ás entidades que desexen adherirse.

 

 

Tipoloxía das entidades

Coa finalidade de achegarse á realidade actual da diáspora e as súas novas formas de expresión e comunicación, o decreto establece distintas tipoloxías de entidades neste ámbito: comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, centros de estudos e difusión da cultura galega, federacións de comunidades e/ou entidades galegas e redes sociais no ámbito da galeguidade.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas