GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Próxima Viaxe Itinerante do Consulado de Bolivia a Vigo

(19/05/2014)

Próxima Viaxe Itinerante do Consulado de Bolivia a Vigo

 

 

O Consulado de Bolivia realizará unha viaxe itinerante á cidade de Vigo os próximos días 24 e 25 de maio de 2014

 

 

Parainmigrates, maio 2014

 

O Consulado Xeral de Bolivia en Madrid realizará unha viaxe itinerante á cidade de Vigo- Pontevedra os próximos días 24 e 25 de maio de 2014. Durante o sábado 24 de maio estarán a atender dende as 09:30 horas ata as 17:00 horas e o domingo 25 de maio, o horario será de 09:00 horas a 14:00 horas. Estarán situados na Oficina Municipal de Distrito- Casco Lanuxe, Rúa Oliva número 12, Vigo.

Entre os trámites consulares podemos encontrar:

bolivia

- Renovación de pasaporte, licenzas de conducir e salvoconduto

- Rexistro Civil: Publicación de edictos, recoñecemento de fillos, inscrición de defunción, Nova libreta de familiar, inscrición de nenos nacidos en España, inclusión de nenos na libreta de familia, celebración de matrimonio en elconsulado, rexistro de matrimonio celebrado nun rexistro civil español.

-Certificados legalizados: Certificado de concordancia, Certificado de nacemento legalizado certificado de matrimonio legalizado, certificado de defunción legalizado, certificado de antecedentes penais legalizado, certificado de estado civil legalizado, certificado de inscrición consular

-Poderes, visas, legalizacións e autorizacións: poderes, declaración xurada, vivencia (xubilados), legalización de poder notarial (emitido en notaria española), legalización de certificado de documentos emitidos en Bolivia, legalización de documentos emitidos en España e autorización de viaxe a menores (só de ida a Bolivia)

Recórdase que para os seguintes trámites deben contar con pasaportes vixentes e fotocopias do pasaporte por cada solicitude a realizar:

* Certificados de Antecedentes Penais Legalizados.

* Certificados de Nacemento Legalizados.

* Certificados de Matrimonio Legalizados.

* Certificados de Estado Civil Legalizados.

* Certificados de Defunción Legalizados.

* Certificados de inscrición Consular.

* Outras actuacións consulares.

Os cidadáns/ás que solicitaron os seus documentos no Consulado Xeral de Bolivia en Madrid e desexan recoller nas datas indicadas, deberán solicitar os seus documentos ao correo electrónico: info@consuladodebolivia.es ou ao teléfono 913 265 028.

Podes obter máis  información no Consulado Xeral de Bolivia en Madrid

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas