GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os españois son os que máis visados de traballo obteñen en Chile en 3 anos

(19/05/2014)

Os españois son os que máis visados de traballo obteñen en Chile en 3 anos


 17/05/2014 - La Vanguardia


Santiago de Chile, 17 maio (EFE).- Os españois son os que máis visados de traballo obtiveron en Chile entre 2010 e 2013, período en que o número de traballadores procedentes de España aumentou en máis de cinco veces, segundo datos de Estranxeiría e Migración.

A información que difunde este sábado o diario "La Tercera" precisa que "se ben o universo de cidadáns peruanos, colombianos e bolivianos residentes en Chile continúa sendo maior, a cantidade de traballadores procedentes de España aumentou máis de cinco veces, dende 388 en 2010 ata 2.540 o ano pasado".

Precisa que nos últimos tres anos os cidadáns españois son os que rexistran un maior crecemento de media, alcanzando un 89%.

O xefe do Departamento de Estranxeiría e Migración do Ministerio do Interior, Rodrigo Sandoval, explicou que a positiva percepción de Chile en termos de estabilidade económica e laboral está a favorecer a migración de profesionais máis cualificados.

O ano pasado, os visados de traballo totalizaron 55.770, e deste número 5.870 inmigrantes declararon unha profesión: 3.739 enxeñeiros, 1.085 profesores, 575 arquitectos e 471 médicos.

Dos enxeñeiros, o 26% teñen nacionalidade española e un 12%, colombiana. Así mesmo, un 59% dos arquitectos son españois e un 10% son arxentinos.

Sandoval explica que os emigrantes veñen "a encher baleiros que non estaban cubertos totalmente en Chile con especializacións que non existían. Ocuparon espazos non utilizados e, polo tanto, non veñen a competir".

"É un fenómeno que vemos favorable", sentenciou.

Ademais da comunidade de españois que se asentaron en Chile para traballar, destacan os cidadáns dominicanos, que nos últimos tres anos teñen un crecemento media de 68% no outorgamento de visados laborais, seguidos de preto polos colombianos (67%).

O Departamento de Estranxeiría e Migración sostén, ademais, que a poboación que chega ao país é maioritariamente nova, debido a que arriban en idade laboral e, en xeral, veñen sós ou con poucos nenos.

Así, a principal motivación da migración cara a Chile nos últimos anos sería laboral, segundo a entidade.

O diario "La Tercera" tamén consigna que nos tres primeiros meses deste ano se outorgaron 14.001 visados de traballo, dos cales 10.189 corresponden á rexión metropolitana de Santiago, principalmente a inmigrantes peruanos e colombianos.

Ademais, un total de 1.386 documentos outorgáronse na cidade de Antofagasta, no norte de Chile, sendo os cidadáns colombianos os que concentran maior cantidade de permisos neste caso.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas